TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.07.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 23.07.2025
BOS DÍAS: BOS DÍAS 24.07.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Torta 'relada' de framboesas e chocolate
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 207
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O risco de deshidratación no verán e a realidade das persoas maiores que viven soas, temas destacados na edición de ‘O Termómetro’ deste xoves.
ENTREGA MEDALLAS DE GALICIA: ENTREGA MEDALLAS GALICIA 2025
A TVG ofrece hoxe en directo a entrega das Medallas de Galicia, que este ano distinguen os alcaldes do Porto e Braga. O acto será presentado pola xornalista da Televisión de Galicia Raquel Domínguez.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 24.07.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.07.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.07.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 24.07.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 10
Despois de cinco programas competindo xuntos só pode sobrevivir un equipo para a vindeira semana. "Non lle apuntas a un cesto” (Manuel, Pablo e Hadrián) van en cabeza e xa levan acumulados 1.800 euros, pero “Avelasvir” (Lula, Mónica, Alfonso) ou “Carioca” (Nelson, Xoel e Paulo) poden chegar tamén á final e apañar o bote de 6.000 euros.
GALA DO 24 DE XULLO: FOGOS APÓSTOLO 2025
FOGOS DO APÓSTOLO 2025: FOGOS APÓSTOLO 2025
Espectáculo pirotécnico que será comentado por Arturo Fernández e Sabela Romar. Os Fogos do Apóstolo lanzaranse este ano desde tres puntos distintos da cidade de Santiago: a Alameda, a Cidade da Cultura e o parque de Carlomagno, no barrio de Fontiñas.
MIRADE ARRIBA
200 drons encherán esta noite o ceo de Sanxenxo no programa especial 'Mirade Arriba'. David Espiño e Rocío Delgado presentan un espectáculo inédito co se conmemoran os 40 anos da TVG, que se cumpren este 24 de xullo.
EVENTOS G: Treixa-Romaría
A TVG organiza esta noite a 'Treixa-Romaría' para celebrar os 30 anos da primeira actuación en directo do grupo Treixadura. Neste grande evento, que será presentado por Arturo Fernández e Roi Casal na Illa de Arousa e que contará con moitas sorpresas, participarán tamén a Banda de Música de Ribadumia, o grupo de baile da Asociación Dorna Monoulious Dop e Vacalouras.
MIRADE ARRIBA
AMIGOS ATA A MORTE
María, Nacho e Suso son tres amigos de toda a vida. Xuntos compartiron moitas cousas. E de súpeto a dous deles vailles tocar compartir o segredo de que o outro vai morrer. Pero antes quédalles moito por facer: plans, promesas, sorrisos, reproches, reconciliacións, lembranzas, máis risas, algunha bágoa... e algo pendente que chegou a hora de destapar. Os tres van descubrir o pouco que importan agora as cousas que semellaban importantes.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.