div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.07.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.07.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

09:25 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 22.07.2025

09:30 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.07.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

10:45 h

O AGRO: O AGRO 23.07.2025

10:50 h

ESTACHE BO!: Tixola de cabaciña con revolto de ovos azuis

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 206

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa ‘O Termómetro’ alerta hoxe sobre os perigos das resonancias magnéticas e da publicación de fotos de menores nas redes sociais.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.07.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.07.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.07.2025

15:45 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.07.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.07.2025

21:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 9

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

22:20 h

A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 3

‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta' da TVG estará presente nas emocionantes Festas do Carme de Camariñas. Bruno e Borjamina, dous dos mozos de Arousa, avaliarán as tradicións, a troula e a gastronomía da gran celebración dos mariñeiros, mentres que as reporteiras do programa achegaranse a Aguiño, Marín, Rianxo, Cangas e Moaña.

23:30 h

FANÁTICOS: FANÁTICOS 4

Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado… O festivaleiro ‘Fanáticos’ busca esta noite entregarlle a David Guetta a pandeireta do programa no Gozo Festival en Compostela.

23:40 h

O + VIRAL: O + VIRAL 12

Vodas curiosas, cans con habilidades, maquillaxes desastrosas e sustos divertidos son os bloques temáticos protagonistas. Os colaboradores proban un trebello dos que hai á venda na internet, neste caso un aparello para sacar os ósos ás olivas. No xogo viral compiten por ver quen consegue poñer máis prendas de roupa nun minuto. 'O + viral' tamén sae á rúa para descubrir que día festivo botan en falta os galegos e galegas.

00:05 h

O + VIRAL: O + VIRAL 12

Programa de entretemento e humor, presentado por Alba Mancebo, xunto cos colaboradores Marcos López, Carla Núñez, Jazmín Abuín e Perico Balado, que comentan os contidos máis curiosos e virais de Internet.

00:55 h

A MAZÁ DOURADA

A chegada dun convidado inesperado desestabiliza as Xornadas Poéticas que cada ano reúnen nun convento do noroeste peninsular distintas tendencias da poesía española. Durante a fin de semana, mentres os poetas escriben, recitan e se vixían, perseguindo un premio dourado, unha sospeita de plaxio, a irreverencia dun rapeiro, o aniversario dun poeta centenario, unhas setas velenosas, imprevistas relacións sexuais e o espertar de amores tardíos... culminarán nunha noite de tormenta.

02:20 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

02:40 h

SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 08. ROMARÍAS

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. 'Soño contiGo' ofrecerá este domingo imaxes inéditas e espectaculares das romarías da Franqueira, do Corpiño e do Carme.

03:20 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 23.07.2025

div-crtvg-top2

Publicidade