div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: Tarteira de hamburguesas en salsa de champiñóns 'Portobello'

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

07:25 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 203

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As cámaras de ‘O termómetro' asisten á carreira de cortacéspedes de Velouzas e á festa de Santa Mariña en Cambados, e ensinan o adestramento de cans de rescate

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1977

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 595

As Xornadas Nacionais de Patrimonio da Igrexa, organizadas pola Conferencia Episcopal Española, estiveron dedicadas este ano á Ribeira Sacra. Os máis de 80 participantes reflexionaron sobre a paisaxe cultural, o patrimonio da Igrexa e a candidatura desta zona a Patrimonio da Humanidade.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 436

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 20.07.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1173

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 4

Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. O espazo ‘Pais en apuros’ amosa esta semana como darlles de comer correctamente aos fillos desde os primeiros momentos.

12:45 h

A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 2

‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. Bruno e Borjamina, dous dos Mozos de Arousa, levan hoxe 'A Superfesta' á multitudinaria romaría do San Benitiño de Lérez. As reporteiras do programa coñecerán outras festas de San Bieito en Allariz, Gondomar, Meis, Ourense e Forcarei.

13:05 h

SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 08. ROMARÍAS

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. 'Soño contiGo' ofrecerá este domingo imaxes inéditas e espectaculares das romarías da Franqueira, do Corpiño e do Carme.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 20.07.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.07.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.07.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.07.2025

15:35 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 15

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

16:35 h

AQUÍ GALICIA FEST: A Estrada

Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. 'Aquí Galicia Fest' propón unha tarde para rir, cantar, emocionarse e celebrar a vida na Estrada, con moita música e coa presenza do humorista Isi como pregoeiro.

18:50 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 36

19:30 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 680

19:40 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 20.07.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:55 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 20.07.2025

22:10 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 6

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

22:50 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 3

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. A música de Michael Jackson, Rihanna e Daddy Yankee toma hoxe o escenario de 'Bailamos Celebrity'. O programa chega á súa terceira entrega cunha nova rolda de coreografías espectaculares protagonizadas por parellas de famosos.

01:20 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS

01:45 h

CONFIDENCIAS: Desirée Vila

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. Os espectadores da TVG coñecerán esta noite en ‘Confidencias’ o espírito de superación da atleta paralímpica Desirée Vila.

02:45 h

LUAR: LUAR 1449

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ celebra a final de 'Recantos', con Paloma San Basilio e La Terremoto de Alcorcón como estrelas convidadas. Os finalistas do certame, José Carballido e Natalia Rivera, compiten con dúas grandes cancións, nunha noite con moita música, humor e emocións compartidas.

06:05 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 15

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

06:10 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 36

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 20.07.2025

div-crtvg-top2

Publicidade