div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: Xarda con mexillóns en salsa verde

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

07:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 202

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' conversa coa ONCE, que festexa o 40 aniversario da TVG cun cupón para o 22 de xullo, e fala da conciliación familiar, entre outros temas.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 19.07.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

FANÁTICOS: FANÁTICOS DE BAD GYAL

Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado… Na súa primeira aventura, ‘Fanáticos’ viaxa ata o festival O Son do Camiño, onde o protagonista intentará atopar a Bad Gyal, unha das figuras máis destacadas da música urbana en España.

10:40 h

LABRANZA: LABRANZA 1694

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

11:15 h

CONFIDENCIAS: Sonsoles Ónega

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. A escritora e xornalista Sonsoles Ónega visita o espazo para debater sobre a concordia.

12:30 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 14

Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. 'A grande epopea de Galicia' narrará e documentará este sábado a historia da emigración galega a México.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 19.07.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.07.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.07.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.07.2025

15:35 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 14

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

17:55 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote ascende a 4.800 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Os cinco que loitan hoxe por el son Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e mais Elena, de Vila de Cruces.

18:45 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 35

19:25 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 679

19:35 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

FÚTBOL: FUTBOL PRETEMPORADA SPORTING DE BRAGA – R.C. CELTA

20:55 h

FÚTBOL: Spórting de Braga-R. C. Celta

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 19.07.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

20:55 h

FÚTBOL: Amigable pretemporada: Spórting de Braga-R. C. Celta

En directo.

22:55 h

HISTORIAS DE AQUÍ: HAI UNHA GALEGA NA NASA

Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. O espazo ‘Historias de Aquí’ presenta esta noite a historia da astrofísica Begoña Vila, unha das científicas galegas máis relevantes para a historia da Humanidade. Na véspera do aniversario da chegada do home á Lúa, os espectadores descubrirán como foi o seu camiño ata a NASA.

23:35 h

CHEGOU O DÍA: CHEGOU O DÍA 3

Laura Vaqueiro conduce este novo espazo, que durante todo o verán se situará no epicentro das festas, romarías e celebracións máis populares de Galicia. Avance en que os espectadores que poderán ver os momentos previos á saída das procesións de Camariñas, Cariño e Foz, tres das localidades galegas con maior tradición da festividade do Carme.

00:40 h

A MAGNIFICENCIA DOS AMBERSON

A finais do século XIX, a mansión Amberson é a máis fastuosa de Indianápolis. Cando a súa dona, a bela Isabel, é humillada publicamente, aínda que de xeito involuntario polo seu pretendente Eugene Morgan, abandónao e casa co torpe Wilbur Minafer. O seu único fillo, o consentido George, crece cheo de prepotencia. Anos máis tarde Eugene regresa á cidade coa súa filla Lucy, e George namora dela.

01:05 h

MAGNIFICENCIA DOS AMBERSON, A ( = O CUARTO MANDAMENTO)

02:10 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 14

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

04:15 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 35

05:05 h

FANÁTICOS: FANÁTICOS DE BAD GYAL

Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado… Na súa primeira aventura, ‘Fanáticos’ viaxa ata o festival O Son do Camiño, onde o protagonista intentará atopar a Bad Gyal, unha das figuras máis destacadas da música urbana en España.

05:20 h

LABRANZA: LABRANZA 1694

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

05:50 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

div-crtvg-top2

Publicidade