div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 199

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

07:00 h

ESTACHE BO!: Pementos de Arnoia recheos de brandada

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

09:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1976

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 594

O Santuario da Virxe da Barca en Muxía converteuse no corazón da esperanza co motivo da peregrinación do Ano Xubilar da Esperanza. Unha xornada que reúne a máis de 300 persoas entre voluntarios, traballadores, axentes pastorais e representantes das parroquias de toda a arquidiocese de Santiago, e que dedican todo o seu esforzo en axudar aos necesitados.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 435

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 13.07.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1195

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 3

Nesta entrega repásase o procedemento da RCP a menores, identifícanse os perigos máis cotiáns nas casas para os pequenos e ofrécense varias recomendacións de seguridade para cando os nenos están fóra do fogar. Os ‘Pais en apuros' saberán hoxe na TVG que facer en caso de emerxencia.

11:45 h

A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 1

‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta’ comezará por todo o alto, vivindo no seu primeiro programa a Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada.

13:00 h

SOÑO CONTIGO: Rañaceos

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. A intelixencia artificial de GALGPT elaborou unha clasificación cos dez edificios máis altos de Galicia. Alba Mancebo e os seus amigos drons visitan cinco deles, os máis altos en cada provincia. Unha nova aventura de altura de 'Soño contiGo'.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 13.07.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.07.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.07.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.07.2025

15:45 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 13

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

16:30 h

AQUÍ GALICIA FEST: Parque do Ameneiral de Bertamiráns

O equipo do programa chega a Bertamiráns para montar a festa no parque do Ameneiral. Ortiga é o pregoeiro deste programa e contamos coas actuacións da orquestra Charleston Big Band e do Aquí Galicia Band. O programa aterra hoxe en Bertamiráns cunha edición chea de música, humor e tradición, conducida por Lucía Veiga e con Ortiga como pregoeiro.

18:35 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 34

Dani Polo visita a localidade de Boiro na procura de concursantes dispostos a gañar cartos. Cinco valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto e ata un total de 100 euros.

19:20 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 678

19:25 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 13.07.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 13.07.2025

21:55 h

EU SEI + CA TÍ: EU SEI + CA TÍ 1

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

22:30 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 2

A ruleta de ‘Bailamos Celebrity’ pon a bailar xuntos neste programa a cantante Sabela Silva co enerxético Miguel Mandayo e a raíña do tempo, Noelia Rodríguez, co artista Roi Méndez. Unha das coreografías máis sorprendentes é a que fan Luís Iglesia e Eddy Insua cun clásico da música galega: ‘Xirarei’ , de Xil Ríos. Noelia Rey e María Mera bailan ao ritmo de ‘Suavemente’ e Trisha Fernández e Fran Cañotas fan un suxestivo baile co ‘You can leave your hat on’ de Joe Cocker. Atrévense co nivelazo Eva Iglesias e Miguel Canalejo, que emulan a Beyoncé no 'Single ladies'.

00:30 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: Resumos semanais

01:00 h

CONFIDENCIAS: Sonsoles Ónega

Hoxe entrevistamos a Sonsoles Ónega, xornalista e escritora. Logo dunha entrevista centrada na súa vida profesional e persoal, establecemos un debate con ela sobre a concordia. A escritora e xornalista Sonsoles Ónega visita o espazo para debater sobre a concordia.

02:00 h

LUAR: LUAR 1448

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Blas Cantó, Luar na Lubre e Daniela Blasco, estrelas dun 'Luar' que decide o segundo finalista de 'Recantos'. O programa contará cunha foliada coas parellas de 'Vai de baile', amais das actuacións de Antaruxas e Sorteiros, a Orquestra Compostela e as Cantareiras de Ardebullo.

05:00 h

A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 1

‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta’ comezará por todo o alto, vivindo no seu primeiro programa a Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada.

06:00 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 13

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 13.07.2025

div-crtvg-top2

Publicidade