div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: Cabaciñas mini con tempura das súas flores

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 198

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 12.07.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1154

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

10:45 h

LABRANZA: LABRANZA 1689

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

11:15 h

CONFIDENCIAS: Miguel Carballeda

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. Con Miguel Carballeda, presidente da ONCE, conversa hoxe ‘Confidencias' sobre a solidariedade.

12:15 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 13

Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. A serie segue hoxe o periplo e relevancia da emigración galega en México.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 12.07.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.07.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.07.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.07.2025

15:45 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 12

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

18:30 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote ascende a 4.800 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Os cinco que loitan hoxe por el son Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e mais Elena, de Vila de Cruces.

19:00 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 33

19:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 677

19:45 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 12.07.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 12.07.2025

21:55 h

SALA G: Os Ex contra Todos

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. Na batalla de hoxe na 'Sala G' enfróntanse os Ex, os que un día foros os reis do escenario, contra Todxs, o equipo do presente. Capitaneados por Fátima Pego e Andrade respectivamente, ofrecerán unha velada de duelo e festa, con momentos para o corazón e para a risa.

23:55 h

ESPECIAL: Treixadura con Amor

01:05 h

ESTA TERRA É MIÑA

Arthur, un profesor francés tímido e moi covarde, recupera o valor e a dignidade ao pronunciar un acendido discurso sobre a liberdade durante o xuízo ao que é sometido por un asasinato que non cometeu. Louise Matin ten un irmán que participa en sabotaxes contra os nazis. George, en troques, colabora cos alemáns porque pensa que ese é o único camiño para lograr a paz e a seguridade.

03:20 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 12

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

05:25 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 33

05:25 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote ascende a 4.800 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Os cinco que loitan hoxe por el son Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e mais Elena, de Vila de Cruces.

05:55 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

div-crtvg-top2

Publicidade