div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.07.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

09:00 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 06.07.2025

Presenta Alberto Mancebo.

09:25 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.07.2025

09:30 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.07.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista con Gonzalo Caballero, exsecretario xeral do PSdeG-PSOE e profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo.

11:00 h

ESTACHE BO!: Paspallás recheos con salsa de arandos

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' ofrecerá hoxe unha clase de defensa persoal e dará consellos para o coidado do cabelo durante o verán.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.07.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.07.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.07.2025

15:45 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.07.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.07.2025

21:45 h

LUME: LUME 2

Serie. A actriz Cristina Castaño lidera o elenco de ‘Lume’, a nova produción da TVG sobre o impacto dos incendios forestais. Trátase dun thriller xornalístico de seis capítulos, con fondo social e ecolóxico, rodada en galego e portugués. Lucía, unha xornalista asentada en Lisboa, regresa á súa localidade natal tras un devastador incendio forestal. Convencida de que o lume non foi accidental, iniciará unha investigación que sacará á luz unha perigosa rede de intereses económicos e políticos. A protagonista de 'Lume' enfróntase esta noite a presións e ameazas pola súa investigación. A xornalista descobre que unha empresa está mercando terreos queimados para un futuro parque eólico.

22:40 h

CASAMOS!: A historia de amor de Silvia e Samu

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. O programa máis romántico da televisión, ‘Casamos!’, regresa á Galega con novas historias de amor, como a de Silvia e Samu, a parella protagonista desta noite.

23:35 h

CASAMOS! QUE FOI DE...?: Ana e Andy

Novo formato en que a audiencia descubrirá como é a vida actual de parellas que participaron hai anos no programa ‘Casamos!’. Durante 30 minutos, os espectadores verán se seguen xuntos ou non e como é a súa vida actual en parella ou por separado. Ana e Andy son unha parella de Tui que casou en 2016. Participaron no programa da TVG ‘Casamos!’ e 8 anos despois a súa vida cambiou por completo. Despois da voda, o nacemento dous seus dous fillos foi un trago agridoce para a parella, que tamén tivo que facer fronte á perda de varios seres queridos moi especiais para eles. Hoxe os espectadores saberán que foi deles nestes anos e descubrirán se seguen xuntos ou non.

00:15 h

NADANDO EN LIBERDADE

Unha nena chamada Abby faise amiga dun peculiar pez mentres mergulla. Cando Abby cae na conta de que o pez está ameazado, inspírase na súa nai activista, Dora, e enfróntase aos cazadores furtivos para salvar o seu amigo.

02:50 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

03:20 h

PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 2

Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 07.07.2025

div-crtvg-top2

Publicidade