TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de asistir á Rapa das Bestas de Sabucedo e á exaltación do Pan de Cea, ‘O Termómetro’ falará do crecemento na adolescencia e visitará o Aquapark de Marín.
ESTACHE BO!: Tacos de roupa vella con lagostinos
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1975
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 593
Visitamos a catedral de Tui e os demais espazos que constituirán o Museo Catedralicio-Diocesano. Antes do remate das obras e a instalación das pezas, a Diocese de Tui-Vigo ofrece a posibilidade de facer unha visita guiada a estas dependencias.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 434
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 06.07.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1167
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 2
Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. Este domingo, ‘Pais en apuros’ ensina como facer atractiva a hora da comida e a bañar un bebé, así como trucos infalibles para que os preadolescentes durman ben.
UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O aventureiro de ‘Un guiri pola Ribeira Sacra’ séntese hoxe como un buscador de ouro nas minas romanas do Covallón.
SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 14. ALDEAS SOBREVIVENTES
Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. Volve á Televisión de Galicia o espazo de reportaxes ‘Soño ContiGo’, que, coa axuda dos seus drons, seguirá amosando novos espazos desde unha perspectiva única. No seu regreso, o programa presentado por Alba Mancebo contará as historias de seis aldeas que son exemplo de recuperación para diversos fins.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 06.07.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.07.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.07.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.07.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 11
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
AQUÍ GALICIA FEST: O Porriño
O equipo do programa chega ao Porriño para montar a festa na praza do concello. David Espiño e Rocío Durán son os pregoeiros deste programa e contamos coas actuacións do grupo Pekados, do Aquí Galicia Band e de Xiada Gaiteiros. Os televisivos David Espiño e Rocío Durán, pregoeiros hoxe do ‘Aquí Galicia Fest’ no Porriño, onde se homenaxeará unha veciña de honra centenaria.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 32
Dani Polo chega a Lugo na procura de concursantes dispostos a gañar 100 euros. O ‘Fake news’ atopará nesta cidade a cinco valentes que aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 676
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.07.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 06.07.2025
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 1
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. ‘Bailamos Celebrity’ presenta neste primeiro programa de os doce concursantes famosos: Fran Cañotas, Noelia Rodríguez, Luís Iglesia, Trisha Fernández, Eddy Insua, Noelia Rey, Miguel Canalejo, Roi Méndez, Sabela Silva, Miguel Mandayo, María Mera e Eva Iglesias. Así mesmo, desvelaranse os compoñentes do xurado, tres personalidades do mundo do espectáculo: Fran Sieira, bailador e coreógrafo, Marisa Prisa, artista drag internacional e Silvana Sestelo, bailarina e coreógrafa do ballet de Luar. Empeza o espectáculo coas seis primeiras coreografías.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS
CONFIDENCIAS: Miguel Carballeda
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos Con Miguel Carballeda, presidente da ONCE, conversa hoxe ‘Confidencias’ sobre a solidariedade.
LUAR: LUAR 1447
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' contará esta noite con dúas das voces femininas máis especiais da música galega: Rosa Cedrón e Sheila Patricia. Momento cumio nos concursos do programa, coa gran final de ‘Vai de Baile’, que disputarán as parellas Maloserá e Trapallada, e a primeira semifinal de ‘Recantos’, en que se enfrontarán Natalia Rivera e Nazaret Reyes.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.07.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 11
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.