TVG - CRTVG
ESTACHE BO!: Macarróns con luras e olivas negras
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' ofrecerá hoxe consellos para coidar os pés durante o verán e abordará o problema da falta de profesores de autoescola.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 05.07.2025
Presenta Chus Tanoira.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1153
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
LABRANZA: LABRANZA 1688
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
CONFIDENCIAS: Carlos Núñez
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O músico Carlos Núñez debate en ‘Confidencias’ sobre a tolerancia.
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 12
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. 'A grande epopea de Galicia' descubrirá hoxe as pegadas galegas en Miami, a cidade máis latina dos EUA.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 05.07.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.07.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.07.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.07.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 10
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 31
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 675
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 05.07.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote ascende a 4.800 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Os cinco que loitan hoxe por el son Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e mais Elena, de Vila de Cruces.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 05.07.2025
EVENTOS G: Compostela, a nai das orquestras
O especial celebra hoxe os cen anos de historia desta mítica formación. Este ‘Eventos G’ da TVG levará os espectadores polos fitos e o repertorio musical desta lonxeva agrupación musical, que comezou liderada por Manuel Muñiz.
SALA G: SALA G 14 OS EX CONTRA TODOS
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo.
EVENTOS G: Compostela, a nai das orquestras
O especial celebra hoxe os cen anos de historia desta mítica formación. Este ‘Eventos G’ da TVG levará os espectadores polos fitos e o repertorio musical desta lonxeva agrupación musical, que comezou liderada por Manuel Muñiz.
A CASA NA SOMBRA
Jim Wilson é un policía violento, amargado pola contemplación diaria do mundo do crime. O seu carácter retraído e os seus métodos expeditivos para pillar sospeitosos créanlle constantes conflitos con colegas e superiores. Finalmente, para afastalo da cidade durante algún tempo, encárganlle o caso dun asasinato nunha afastada rexión montañosa. Unha vez alí, a súa personalidade dará un xiro inesperado debido, por unha parte, á relación co pai da vítima, que é un home cheo de vinganza, e, pola outra, con Mary Malden, a irmá do asasino, unha moza sensible, capaz de comprender o temperamento e a soidade de Wilson.
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 10
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 31
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.