TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.07.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 01.07.2025
BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.07.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia.
ESTACHE BO!: Polo en salsa de crema de cacahuete con brócoli
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
ESTACHE BO!: Polo en salsa de crema de cacahuete con brócoli
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O AGRO: O AGRO 02.07.2025
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.07.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.07.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.07.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.07.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
O bote ascende a 4.800 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Os cinco que loitan hoxe por el son Antón de Cangas, Martiño de Arzúa, Anxo de Santa Comba, Andrea de Camelle e mais Elena de Vila de Cruces.
A MIÑA GRAN CIDADE: Xisco Feijoo-Antonia Dell'Atte
Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. O artista Xisco Feijóo ensínalle Vigo á modelo italiana Antonia Dell'Atte hoxe en 'A miña gran cidade'. Tras gozar de catro experiencias, o vigués remata esta visita cunha mostra da nosa música tradicional en Samil, unha praia que namora a Dell’Atte.
O + VIRAL: O + VIRAL 9
Os temas dos vídeos son o Camiño de Santiago, as vacas, risas contaxiosas e "gender reveal", a nova celebración de actualidade nas redes que consiste en facer unha festa para revelarlles aos familiares e amigos o sexo do futuro bebé que vai nacer. Na sección dos trebellos de internet proban un abridor de botes automático, e no xogo viral teñen que adiviñar citas célebres de persoeiros. E como é habitual, ‘O + viral’ sae á rúa para saber a opinión da xente, neste caso, cal foi o xeito máis raro co que intentaron namoralos.
NON LLO DIGAS A NINGUÉN
Oito anos despois do brutal asasinato da súa muller Margot a mans dun psicópata, Alexandre recibe unha mensaxe na que se pode ver unha imaxe dela entre a multitude. Decide entón comezar pola súa conta unha investigación para descubrir se é posible que siga viva. A aparición de probas novas e os sucesos que se desenvolven a continuación, volven situalo a el, igual que oito anos atrás, como principal sospeitoso de cometer o crime. Non lle queda outra alternativa que descubrir que pasou nos últimos días de vida de Margot para demostrar a súa inocencia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 1
Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. A presentadora, que estará acompañada por un equipo de expertos nos diferentes eidos, desmontará hoxe mitos sobre a actividade deportiva.
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.