TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Chega a fin de semana e ‘O termómetro' fala das festas patronais, do malestar dos taxistas da Coruña e da gran oferta de pazos galegos á venda, entre outros temas.
ESTACHE BO!: 'Verdinas' con lagostinos e espárragos verdes
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1974
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 592
Con motivo da xornada de Apostolado Segrar da Diocese de Santiago de Compostela que este ano se celebrou en Ribeira, coñecemos a realidade do laicado na igrexa e algún dos movementos e asociacións nos que os laicos viven a súa fe.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 433
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 29.06.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1177
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 1
Neste programa desmontamos mitos relacionados coa actividade deportiva dos nenos e repasamos os moitos beneficios que teñen facer deporte e practicar danza dende que son pequenos. Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. A presentadora, que estará acompañada por un equipo de expertos nos diferentes eidos, desmontará hoxe mitos sobre a actividade deportiva.
UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA
Un relaxante baño nunha cabana no encoro de Cachamuíña dá inicio a unha xornada na que Mr. Sellick descobre a tradición oleira de Loñoá e a súa ruta polos muíños de Loña, pero tamén dous importantes persoeiros da zona: Ben-Cho-Shey e o Padre Feijoo. A continuación Michael achégase a un taller de restauración de imaxinaría relixiosa na aldea de Melias. Coñece hoxe o encoro de Cachamuíña e descobre a tradición oleira de Loñoá.
UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: En terras de Aguiar
Un relaxante baño nunha cabana no encoro de Cachamuíña dá inicio a unha xornada na que Mr. Sellick descobre a tradición oleira de Loñoá e a súa ruta polos muíños de Loña, pero tamén dous importantes persoeiros da zona: Ben-Cho-Shey e o Padre Feijoo. A continuación Michael achégase a un taller de restauración de imaxinaría relixiosa na aldea de Melias. Coñece hoxe o encoro de Cachamuíña e descobre a tradición oleira de Loñoá.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: Resumos semanais
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 29.06.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.06.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.06.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.06.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 9
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
AQUÍ GALICIA FEST: AQUÍ GALICIA FEST 9
Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. O ‘Aquí Galicia Fest’ chega ao Carballiño con Carlota Corredera como pregoeira de luxo.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 30
Dani Polo visita a cidade de Ourense na procura de concursantes dispostos a gañar cartos. Os máis valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto e ata un total de 100 euros.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 674
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 29.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
Paco Lodeiro pon en xogo 4.600 € no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Reincorpórase Antón, de Cangas; que concursa xunto a Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e mais Elena, de Vila de Cruces. Son os cinco que compiten polo gran premio ou, no caso de non acertar todas as preguntas do 'minuto final', polo petisco de 200 €.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 29.06.2025
DESAFÍOS CRIMINAIS: Sadismo
A noite do 22 de febreiro de 2012, dous encapuchados entran nunha vivenda na Aldea de Burgás (Xermade). Ao día seguinte, un amigo próximo atopa os corpos dos membros da familia asasinados brutalmente. Tan só hai unha supervivente. As claves dun dobre crime en Xermade, cuxos asasinos actuaron cunha violencia extrema, hoxe en 'Desafíos criminais'. A noite do 22 de febreiro de 2012, dous encapuchados entran nunha casa en Burgás e asasinan brutalmente a dous membros dunha familia. Só hai unha supervivente.
NA MENTE DO ASASINO: O parricida de Oza
A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. O programa afondará nos feitos ocorridos en maio de 2017, cando Marcos Mirás matou o seu fillo de once anos nunha pista forestal deste concello.
FANÁTICOS: FANÁTICOS 1
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado… Na súa primeira aventura, ‘Fanáticos’ viaxa ata o festival O Son do Camiño, onde o protagonista intentará atopar a Bad Gyal, unha das figuras máis destacadas da música urbana en España.
FANÁTICOS: FANÁTICOS DE BAD GYAL
O “fanático” Juan Sieira visita o festival O Son do Camiño para agasallar coa pandeireta do programa unha das artistas urbanas más importantes de España: Bad Gyal. Ademais de buscala por todas as partes, preguntará por ela á xente da rúa e mergullarase na cultura dos seus fans. Na súa primeira aventura, ‘Fanáticos’ viaxa ata o festival O Son do Camiño, onde o protagonista intentará atopar a Bad Gyal, unha das figuras máis destacadas da música urbana en España.
CONFIDENCIAS: Carlos Núñez
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O músico Carlos Núñez debate en ‘Confidencias’ sobre a tolerancia.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 9
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
LUAR: LUAR 1446
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Redonda, Linda, Gallega e Boneca disputan a coroa de Miss Vaca 2025, hoxe en 'Luar'. A gran final da 17ª edición celébrase cun programa especial que convida artistas de toda España a compartir música e tradicións. Samantha Hudson, Xabier Díaz e Blanca Paloma encabezan un cartel artístico que combina raíces e vangarda.
AQUÍ GALICIA FEST: AQUÍ GALICIA FEST 9
Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. O ‘Aquí Galicia Fest’ chega ao Carballiño con Carlota Corredera como pregoeira de luxo.