TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
ESTACHE BO!: Pasta 'Alla Zozzona'
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 28.06.2025
Presenta Chus Tanoira.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1152
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
LABRANZA: LABRANZA 1685
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
CONFIDENCIAS: Pedro Feijoo
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. Xunto ao escritor Pedro Feijoo, o programa ‘Confidencias’ debate hoxe sobre a dor e a paciencia.
ESPECIAL INFORMATIVO: Entrega Medallas Castelao 2025
Televisión de Galicia ofrecerá hoxe en directo, desde a igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, a gala de entrega das Medallas Castelao 2025, presentada polo xornalista Jesús Fontenla. Os galardoados son: Luar na Lubre, Víctor Freixanes, Emilio Pérez Nieto, Rosa Rodríguez Álvarez, e a Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela).
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 28.06.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.06.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.06.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.06.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 8
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
O NOVO REI DA COMEDIA ALL STARS
Oswaldo Digón e Patricia Vázquez exercen de capitáns dos equipos nesta edición de ‘O novo rei da comedia all stars’. Charly e Antía xúntanse con Oswaldo e xogan contra Patricia, Uxía e Brais. Competirán polo maior número de votos do público.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 29
Dani Polo percorre as rúas de Vigo na procura de concursantes dispostos a aceptar o reto de converter as loiadas en cartos. Esta é unha divertida proba de coñecemento con preguntas de verdadeiro ou falso e 500 euros en xogo.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 673
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 28.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.06.2025
SALA G: SALA G 13
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. A ‘Sala G’ enfronta hoxe a Julio Iglesias contra Todos. A música do artista, que acaba de mercar casa en Galicia, enfrontarase a toda unha xeración disposta a demostrar que a verbena é tan inmortal como os seus boleros.
SALA G: Julio Iglesias contra Todos
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. A ‘Sala G’ enfronta hoxe a Julio Iglesias contra Todos. A música do artista, que acaba de mercar casa en Galicia, enfrontarase a toda unha xeración disposta a demostrar que a verbena é tan inmortal como os seus boleros.
LAND ROBER. BENVIDO MÍSTER IGLESIAS: LAND ROBER. BENVIDO MISTER IGLESIAS
A través dun valioso repaso aos fondos do arquivo da Galega, este programa especial recolle os momentos máis destacados da presenza do cantante na TVG.
MILAGRE EN MILÁN
Totó é un bondadoso orfo que vive, ao igual que outros moitos desfarrapados, nun mísero barrio de chabolas nos arrabaldes de Milán. Cando nos terreos onde vive se descobre petróleo, Totó, tan inxenuo como benintencionado, decide enfrontarse ao poderoso señor Mobbi, o dono do solo. Aínda que contén elementos dramáticos, constitúe, con ‘Ladrón de bicicletas’ e ‘Umberto D.’, a gran triloxía neorrealista de De Sica.
O NOVO REI DA COMEDIA ALL STARS
Risas, improvisación e duelo de capitáns neste novo concurso de humor presentado por Miguel Lago. En cada programa haberá dous equipos, cada un deles formado por dous ex concursantes de 'O Novo Rei da Comedia' e un cómico profesional que liderará a batalla polo humor.
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 8
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 29
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.