TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 25.06.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 25.06.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Lasaña de tenreira esmiuzada e verduras con bechamel de romeu
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O AGRO: O AGRO 25.06.2025
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 25.06.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 25.06.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 25.06.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 25.06.2025
A MIÑA GRAN CIDADE: MANEL LOUREIRO - TANIA LLASERA. PONTEVEDRA
Neste episodio Manel Loureiro fai de anfitrión en Pontevedra para Tania Llasera durante unha hora. O escritor intenta convencer a súa visitante de que Pontevedra é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é Tania quen debe tomar a decisión final: quedar en Pontevedra ou coller o billete de volta e regresar a Bilbao. Para conquistar a súa visitante, Manel ten preparadas varias experiencias coas que amosar a súa Pontevedra máis persoal: un paseo polas prazas da cidade, unha visita ao seu estudio e un xantar delicioso.
O + VIRAL: O + VIRAL 8
Bares, galiñas, caídas e cantos fóra de ton, son os temas dos vídeos virais. Ademais, os colaboradores, botan man dun trebello para tronzar sandías que, segundo as redes, funciona perfectamente. No xogo viral teñen que probar a cegas unha serie de pratos e adiviñar de que se trata. E ‘O + viral’ fai unha enquisa para escoitar as escusas máis inverosímiles que a xente utiliza para faltar ao traballo. Como reto final fan o xogo do teléfono avariado, pero desta volta cun baile.
GORKY PARK
Cando a policía de Moscova descobre tres cadáveres soterrados no parque Gorky da capital, Hurt, o oficial encargado da investigación, pretende chegar a fondo dun misterioso caso de asasinato.