TVG - CRTVG
ESTACHE BO!: Pastel de repolo con entreteto e crema de chistorra
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' asistirá hoxe aos preparativos da noite de San Xoán e dará consellos para evitar o perigo de afogamento en nenos.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1973
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 591
Con motivo da exposición sobre Carlo Acutis no colexio diocesano María Auxiliadora de Lugo, coñecemos a súa figura e en que consiste o seu proceso de canonización.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 432
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 22.06.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1194
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG: ZIGZAG 3232
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A 42ª edición da Mostra de Teatro Cómico de Cangas, protagonista no espazo ‘Zigzag’, que entrevistará as súas responsables, Casilda Alfaro e María Armesto.
UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: O Saviñao
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. No Saviñao, ‘Un guiri pola Ribeira Sacra’ gozará da praia da Cova, dun paseo en catamarán e dos viños da zona.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: Resumos semanais
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 22.06.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.06.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.06.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.06.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 7
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
AQUÍ GALICIA FEST: AQUÍ GALICIA FEST 8
Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. Ribadeo convértese no corazón da festa no ‘Aquí Galicia Fest’, que hoxe conta co grupo De Ninghures e con Lucía Pérez como pregoeiros.
AQUÍ GALICIA FEST: PASEO MARÍTIMO DE RIBADEO
Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. Ribadeo convértese no corazón da festa no ‘Aquí Galicia Fest’, que hoxe conta co grupo De Ninghures e con Lucía Pérez como pregoeiros.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 28
Dani Polo visita a localidade de Vilagarcía de Arousa na procura de concursantes dispostos a gañar 100 euros. Os viandantes máis valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 672
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 724
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 22.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 22.06.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. No bote do 'Atrápame se podes, chanzo arriba' hai acumulados xa 4.200 €. Van intentar facerse co premio Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle; Elena, de Vila de Cruces, e a nova incorporación, Rubén, de Vigo. Quen chegue ao 'Minuto final' ten que acertar as cinco preguntas para gañar os cartos. Se erra nalgunha delas, leva un petisco de 200 €.
DESAFÍOS CRIMINAIS: Morrer en familia
Docushow procedemental de carácter policial que revela a verdade dos crimes que conmocionaron Galicia. ‘Desafíos criminais' esmiúza esta noite o caso dos Mouriño: un incendio calcina a súa casa e aparecen dous cadáveres. Tras o tráxico suceso na granxa do gandeiro, a Garda Civil non atopa nin rastro do matrimonio.
NA MENTE DO ASASINO: Un tiro en San Xoán
A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. O espazo afonda hoxe no crime da praia de Chapela. A noite de San Xoán de 2017, Daniel Beltrán reprendeu a José Luis Luna Pereira e este sacou a arma que portaba e disparou contra o rapaz.
CONFIDENCIAS: Pedro Feijoo
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. Xunto ao escritor Pedro Feijoo, o programa ‘Confidencias’ debate hoxe sobre a dor e a paciencia.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 724
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 22.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
LUAR: LUAR 1445
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' celebra este venres a derradeira semifinal de Miss Vaca por Ourense, con música, maxia e moito humor. Entre os artistas convidados destacan Regina dos Santos, Joaquín Matas, a orquestra Furia Joven e Adrián do Regenco.