TVG - CRTVG
ESTACHE BO!: Caldeirada de peixe
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 21.06.2025
Presenta Chus Tanoira.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1151
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
LABRANZA: LABRANZA 1739
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
CONFIDENCIAS: Carmen Lence
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O programa conversa en Lugo coa CEO de leite Río, Carmen Lence, sobre a ira e a determinación.
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 11
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. 'A grande epopea de Galicia' segue hoxe a pegada da emigración galega a Bos Aires ao remate da Guerra Civil.
NO FOCO: NO FOCO 21.06.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 21.06.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.06.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.06.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.06.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 6
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
O NOVO REI DA COMEDIA ALL STARS
Risas, improvisación e duelo de capitáns neste novo concurso de humor presentado por Miguel Lago. En cada programa haberá dous equipos, cada un deles formado por dous ex concursantes de 'O Novo Rei da Comedia' e un cómico profesional que liderará a batalla polo humor. Dous comediantes con maiúsculas, Lucía Veiga e Carlos Blanco, lideran hoxe os equipos en 'O Novo Rei da Comedia All Stars'.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 27
O ‘Fake news’ presenta o reto de converter as loiadas en cartos a través dunha sinxela proba de coñecemento. O presentador Dani Polo visita a cidade de Pontevedra co propósito de atopar cinco valentes dispostos a gañar 100 euros.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 671
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 723
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 21.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 21.06.2025
SALA G: SALA G 12
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. O espazo 'Sala G' réndelle esta noite tributo a Pucho Boedo, o artista que fixo grande a verbena galega. Nesta nova batalla musical, enfrontarase un equipo que defenderá o seu legado con himnos que forman parte da memoria colectiva e outro disposto a rachar co pasado e poñer o público a bailar cos ritmos actuais.
EVENTOS G: Pucho Boedo, o sucesor
O ‘Eventos G’ asiste hoxe á elección do perfecto sucesor a Pucho Boedo. César Romero, Adrián Castiñeiras, Paco Lodeiro, Antonio Barros e Noly son os artistas candidatos que competirán coas súas voces e forza neste especial ‘Pucho Boedo, o sucesor’.
ESPERANDO A MR. BRIDGE
Nos anos 40 do século pasado, os Bridge, un rico matrimonio de Kansas, viven ancorados ideoloxicamente na década dos anos 20. O señor Bridge trata coa súa muller coma se fose unha das súas propiedades e xulga os seus fillos, xa adultos, como se aínda fosen adolescentes. A súa actitude provoca sentimentos ambivalentes: por un lado, o seu conservadorismo produce bastante malestar entre os seus; pero, por outro, a súa obstinación resulta ás veces divertida.
O NOVO REI DA COMEDIA ALL STARS
Risas, improvisación e duelo de capitáns neste novo concurso de humor presentado por Miguel Lago. En cada programa haberá dous equipos, cada un deles formado por dous ex concursantes de 'O Novo Rei da Comedia' e un cómico profesional que liderará a batalla polo humor. Dous comediantes con maiúsculas, Lucía Veiga e Carlos Blanco, lideran hoxe os equipos en 'O Novo Rei da Comedia All Stars'.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 27
NO FOCO: NO FOCO 21.06.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 723
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.