TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 18.06.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 18.06.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe entrevistas con Paula Prado, secretaria xeral do PP de Galicia, e Ana Palacio, exministra de Asuntos Exteriores.
ESTACHE BO!
"Polo broaster" é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos do polo e das súas bacterias.
ESTACHE BO!: Polo 'broaster'
Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe do polo e das súas bacterias.
O AGRO: O AGRO 18.06.2025
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 18.06.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 18.06.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 18.06.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 720
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 18.06.2025
A MIÑA GRAN CIDADE: PEDRO FEIJOO – LUCÍA VEIGA. VIGO
O vigués Pedro Feijoo fai de anfitrión a Lucía Veiga durante unha hora. O escritor intenta convencer a súa visitante de que Vigo é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é a actriz coruñesa quen debe tomar a decisión final: quedar en Vigo ou coller o billete de volta e regresar á Coruña. Para conquistar a súa visitante, Pedro ten preparadas varias experiencias coas que amosar o seu Vigo, como unha visita aos túneles do Castro, contemplar as vistas dende o alto do edificio do concello ou un xantar delicioso no seu querido ‘O Porco’.
O + VIRAL: O + VIRAL 7
‘O + viral’ recupera os vídeos que foron máis virais das noticias da TVG. Ademais tamén forman parte desta entrega vídeos relacionados coa praia, coa cociña e co canto. A pregunta viral ten que ver con adormecer, a xente da rúa conta cal foi o sitio máis raro onde quedaron durmidos. Na sección dos trebellos proban un para quitar escamas ao peixe, que non saben se vai funcionar. E no reto final teñen que ser quen de poñer unha camiseta sen deixar que caia un globo ao que lle van dando golpes coas mans, ao mesmo tempo.
DUQUE, O
O DUQUE
Kempton Bunton, un taxista de 60 anos, rouba en 1961 o retrato do duque de Wellington, de Francisco de Goya, da National Gallery de Londres. Foi o primeiro roubo da historia da galería. Kempton enviou notas de rescate dicindo que devolvería a pintura a condición de que o goberno investira máis no coidado dos anciáns. O que aconteceu despois converteuse en algo lendario.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 720
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
ZIGZAG: ZIGZAG 3229
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.