div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 16.06.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 16.06.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Fran Camba, físico e analista de datos liga ACB-Basket Girona.

11:00 h

ESTACHE BO!: Abadexo guisado con garavanzos e patacas

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os riscos de especies invasoras nos nosos ríos, o xuízo polo crime de Cabanas, e a rodaxe de ‘Mil ourelas’ nos Ancares, entre os temas do programa hoxe.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 16.06.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 16.06.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.06.2025

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 718

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:20 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 670

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.06.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.06.2025

21:40 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ está nos 4.000 € e agarda a que alguén o reclame. Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle; José, da Coruña, e a nova incorporación, Elena, de Vila de Cruces, van loitar polo gran premio. Para iso hai que chegar ao 'minuto final' e acertar todas as preguntas. Se aquel que chegue erra algunha, ten que conformarse co petisco de 200 €.

22:00 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XII 151

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Un proxecto ecuestre a as iniciativas da Comunidade de Montes de Couso son dúas das historias do 'Cos pés na terra' de hoxe. O programa ten tamén unha cita cun produto mítico: a pataca de Coristanco.

23:10 h

OS AUTÉNTICOS: Carlos e Jacobo, Raquel, Laura e Roi

En ‘Os auténticos’ imos afondar no mundo dos reloxos da man dos irmáns reloxeiros Carlos e Jacobo; un oficio cheo de pezas diminutas e tamén xigantes. No programa temos unha cita con Raquel e as súas compañeiras de asociación; con elas falaremos dun cultivo mítico en Galicia, o liño. E coñeceremos a Laura e Roi; eles forman unha parella que goza xunta dun deporte milenario, o tiro con arco tradicional. Os protagonistas de hoxe son uns apaixonados dos reloxos, o liño e o tiro con arco.

00:30 h

A TRAVESÍA

Na Segunda Guerra Mundial, Sarah e Daniel, dous nenos xudeus a piques de ser deportados, escóndense no soto de Otto e Gerda, ata que os descobren e arrestan os seus pais. Xuntos os catro inician unha longa e arriscada viaxe ata Suecia, que é territorio neutral.

02:25 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

02:35 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.06.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 16.06.2025

div-crtvg-top2

Publicidade