TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
ESTACHE BO!: Robaliza á mariñeira
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1972
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 590
Calquera persoa con acceso a internet pode consultar as Sagradas Escrituras en galego a través do portal www.abiblia.gal, unha iniciativa impulsada pola Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), que marca un antes e un despois na difusión do texto bíblico na nosa lingua.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 431
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 15.06.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1193
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cineasta vigués Fon Cortizo fala hoxe no estudio do 'ZigZag' sobre a súa premiada curta ‘Abellón’, onde reflexiona sobre a inclusión no cine para as persoas cegas.
UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: Aldeas recuperadas
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O explorador sorpréndese coa beleza das aldeas medievais recuperadas e as súas viñas milenarias.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: Resumos semanais
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 15.06.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.06.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.06.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.06.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 5
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
AQUÍ GALICIA FEST: Noia
Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. Carlos Blanco pregoeiro en Noia do ‘Aquí Galicia Fest’, que hoxe incorpora a actriz Isabel Blanco, premia a ‘Baby Yoda’ e ofrece actuacións musicais, entre outros contidos.
GAÑA A TÚA ALDEA
Álvaro, natural da Coruña, Eva, de Santiago, e Luis Alfonso, de Boimorto, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 669
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 717
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 15.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 15.06.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Hoxe hai en xogo un total de 3.800 € no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Paco Lodeiro recibe a Martiño, de Arzúa; Anxo,de Santa Comba; Andrea, de Camelle; José, da Coruña, e a nova incorporación, Xosé, de Teo. Todos eles aspiran a facerse co premio. Se non o leva ningún, quen xogue o 'minuto final' ten garantido o petisco de 200 €.
DESAFÍOS CRIMINAIS: Semente de rencor
Docushow procedemental de carácter policial que revela a verdade dos crimes que conmocionaron Galicia. ‘Desafíos criminais' revive o crime perverso de Monfero: asasina a súa amiga para roubarlle o bebé. Isabel Marcos, de 24 anos, ten un desexo irrefreable de ter un fillo. Implica á súa familia e, tras matar brutalmente á moza que acababa de ser nai, agocha o seu corpo.
O QUE A G ESCONDE: Caso Abruñedo. Xustiza para Elisa
CONFIDENCIAS: Carmen Lence
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O programa conversa en Lugo coa CEO de leite Río, Carmen Lence, sobre a ira e a determinación.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 717
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 15.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
LUAR: LUAR 1444
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Paul Thin, La Pelopony e Miss Vaca Coruña farán vibrar 'Luar' hoxe. Rubia e Redonda disputan a semifinal coruñesa, co apoio de Lucía Regueiro e Marcos Pereiro, nunha noite tamén chea de música e humor.