div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 12.06.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 12.06.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón.

11:00 h

ESTACHE BO!

“Ensalada morna de luras” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos do zume de pomelo e das súas propiedades.

11:00 h

ESTACHE BO!: Ensalada morna de luras

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa asiste a O Son do Camiño, ao Arde Lucus e ao Campionato mundial do percebe, en Cedeira, amais de falar sobre a rosácea e as plantas invasoras.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 12.06.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 12.06.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.06.2025

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 714

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:20 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 666

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 12.06.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 12.06.2025

21:50 h

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. O cómico andaluz David Navarro visita esta noite o 'Land Rober Tunai Show', onde será posto a proba e descubrirá todo o talento que hai en Galicia. A audiencia do programa tamén poderá gozar de novas entregas de ‘As mañás de Marilú’ e ‘Quen sobra no trío?’.

23:50 h

A NOSA MOVIDA: Tanxugueiras

Programa presentado por Duarte Galván e gravado na icónica Sala Capitol, en Santiago de Compostela, cun estilo actual e con identidade propia, polo que pasarán os mellores artistas do panorama musical galego. Tanxugueiras irrompen coa forza da tradición mesturada coa modernidade. Con moita complicidade, no programa desta noite desvelarán os seus comezos humildes, a orixe do seu nome e o fenómeno viral que as catapultou á fama, enchendo o escenario dunha enerxía que contaxia.

div-crtvg-top2

Publicidade