TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.06.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 11.06.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!
“Risoto de marisco” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos do arroz.
O AGRO: O AGRO 11.06.2025
ESTACHE BO!: Risoto de marisco
Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe do arroz.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' analiza o aumento do virus da labazada e os métodos para previr roubos na casa, e coñece o notario máis novo de España.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 11.06.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.06.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.06.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 713
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 665
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 11.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 11.06.2025
A MIÑA GRAN CIDADE: ROMAY – AS TANXUGUEIRAS. A CORUÑA
Neste episodio Fernando Romay ensina a súa Coruña ás Tanxugueiras durante unha hora. O ex-xogador de baloncesto intenta convencer as súas visitantes de que A Coruña é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero son elas quen deben tomar a decisión final: quedar na Coruña ou coller o billete de volta. Para conquistar as Tanxugueiras, Romay ten preparadas varias experiencias coas que amosar a súa querida Coruña, como unha visita á Torre de Hécules, un paseo pola praza de María Pita e a Mariña ou un xantar moi especial. Abondará para que as Tanxugueiras queiran quedar na cidade?
A MIÑA GRAN CIDADE: Romay_Tanxugueiras_A Coruña
Neste episodio Fernando Romay ensina a súa Coruña ás Tanxugueiras durante unha hora. O ex xogador de baloncesto intenta convencer as súas visitantes de que A Coruña é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero son elas quen deben tomar a decisión final: quedar na Coruña ou coller o billete de volta. Para conquistar as Tanxugueiras, Romay ten preparadas varias experiencias coas que amosar a súa querida cidade, como unha visita á Torre de Hécules, un paseo pola praza de María Pita e a Mariña ou un xantar moi especial. Abondará para que as Tanxugueiras queiran quedar na cidade?
O + VIRAL: O + VIRAL 6
Os protagonistas son os colaboradores que traen cadanseu vídeo propio facendo o ridículo. A maiores, completan os bloques temáticos vídeos relacionados coa pesca, cos safaris e coa maquinaria pesada. Tamén proban un trebello automático para abrir latas e no xogo viral teñen que adiviñar cancións só coa axuda da mímica. Na pregunta viral, Carla Núñez sae á rúa para intentar descubrir que foi o máis noxento que comeron os galegos.
ANOS DE SECA
O axente federal Aaron Falk volve á súa vila natal para asistir ó enterro do seu amigo da xuventude Luke, a quen acusan de matar a súa esposa e mailo seu fillo antes de suicidarse. Cando Falk acepta quedar e investigar o crime, reabre unha antiga ferida: a morte da súa amiga Ellie. Aaron comeza a sospeitar que ámbolos dous crimes están conectados. No seu esforzo por demostrar a inocencia de Luke e a súa, Falk ten que enfrontarse ós prexuízos contra el e á ira reprimida por unha comunidade vítima da seca.