TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 09.06.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 09.06.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unhas entrevistas con Armando Ojea, deputado provincial por Democracia Ourensana, e Miguel Vázquez Taín, novo presidente do Consejo Xeral de Economistas de España.
ESTACHE BO!: Potaxe de fabas vermellas con alcachofas e arroz integral
Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe dun mito sobre os legumes.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Ás portas do verán, ‘O termómetro’ asiste á apertura do Aquapark de Cerceda, á recollida dos arandos e dos bolos de herba seca, e indica como coidar os pés, entre outros temas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 09.06.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 09.06.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 09.06.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 711
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 663
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 09.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 09.06.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
O bote segue a medrar no 'Atrápame se podes, chanzo arriba' e xa está nos 3.600 €. Paco Lodeiro recibe a Martiño de Arzúa, Anxo de Santa Comba, Andrea de Camelle e as novas incorporacións, Bea de Pontevedra e José da Coruña. Un deles é eliminado na fase dos retos, pero outro vai chegar ao "Minuto final", onde vai loitar polo gran premio.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XII
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. 'Cos pés na terra' probará hoxe o mel de de Manuel e coñecerá a aula da natureza de Regina. O programa tamén estará con Juanjo, un rapaz que espalla coñecementos sobre a horta polo mundo enteiro.
OS AUTÉNTICOS: Álvaro, Azahara, Laura e Roi
En ‘Os auténticos’ descubrirémo-lo gusto por escribir á man coa nosa amiga calígrafa Azahara. Xogaremos cunha familia de auténticos campións do Scalextric. Eles son Jorge e o seus fillos Bruno e Borja. E coñecemos a Álvaro, un rapaz que non quere que o saber propio das aldeas se perda. Hoxe achégase a unha familia de campións ao Scalextric e a un rapaz que coida do saber das aldeas. Outra das protagonistas de hoxe descubriralle á audiencia a súa afección por escribir á man.