div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine ‘O termómetro’ asiste hoxe ao Campionato Nacional de Trepa de Árbores en Boiro e na Limia comproba os estragos do exceso da chuvia no cereal, entre outros temas.

07:00 h

ESTACHE BO!: Crema de 'hummus' de mexillóns con pescada

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

09:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1971

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 589

Co motivo da celebración do xubileo dos enfermos que se celebrou no santuario de O Cebreiro, coñecemos a labor que realiza a Pastoral da Saúde e como a fe pode axudar a levar mellor a enfermidade.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 430

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 08.06.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

NO FOCO: NO FOCO 07.06.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1192

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Guadi Galego presenta hoxe en 'ZigZag' o seu novo álbum ‘Pélago. Contos oníricos’, un libro disco emotivo e íntimo, que convida á reflexión e á calma.

12:20 h

UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural.

12:20 h

UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: Pantón

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. Un refrescante baño na fervenza de Augacaída, en Pantón, porá a proba a resistencia de Michael Sellick.

13:10 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS

13:10 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: Resumos semanais

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 08.06.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.06.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.06.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.06.2025

15:40 h

AQUÍ GALICIA FEST: AQUÍ GALICIA FEST 6

O equipo do programa chega a Ferrol para montar a festa na praza Amboage. Pepo Suevos é o pregoeiro deste programa e contamos coas actuacións do grupo Galia, da rondalla Añoranzas e o Real Coro Toxos e Flores. Pepo Suevos é o pregoeiro do ‘Aquí Galicia Fest’ hoxe en Ferrol, apoiado pola música de Toxos e Froles, Rondalla Añoranzas e o Grupo Galia, entre outros.

15:40 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 3

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

17:45 h

A MIÑA GRAN CIDADE: MONCHO BORRAJO - MARLENE MOURREAU- OURENSE

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días.

18:35 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Marc, natural do Carballiño; Álvaro, da Coruña, e Marcos, de Lalín, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

19:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 662

19:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 710

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 08.06.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:40 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Paco Lodeiro recibe no 'Atrápame se podes, chanzo arriba' a Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e a nova incorporación, Sonia, do Rosal. Todos eles van intentar levar o bote, que suma xa 3.400 €. De non lle atopar dono, o finalista ten garantido o petisco de 200 €.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 08.06.2025

21:55 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: O prezo dunha vida

Enrique Monteagudo era un rapaz normal, coma calquera dos nosos fillos ou irmáns. O 22 de xullo de 2010, foi asasinado por sorpresa nunha zona de lecer preto do encoro do Umia. ‘Desafíos criminais' achega hoxe as claves do crime do Umia. En xullo de 2010 aparece morto un mozo de Moraña nun lugar apartado do concello de Curtis, foi golpeado por sorpresa na cabeza e cortáronlle o pescozo.

22:10 h

ESPECIAIS VERÁN 2022: Romaría da Franqueira

Especial sobre a Romaría da Virxe da Franqueira, á que acoden en masa milleiros de devotos para vivir unha celebración única. A reporteira Olaya Rivas dará conta deste festexo.

22:20 h

NA MENTE DO ASASINO: O parricida de Oza

A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. O programa afondará nos feitos ocorridos en maio de 2017, cando Marcos Mirás matou o seu fillo de once anos nunha pista forestal deste concello.

22:45 h

CONFIDENCIAS

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos.

22:45 h

CONFIDENCIAS: Antón Lamazares

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O programa viaxa hoxe ata Lalín para conversar co artista Antón Lamazares.

00:40 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 08.06.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

01:35 h

LUAR: LUAR 1443

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ avanza nas fases decisivas de 'Recantos', 'Vai de baile' e Miss Vaca 2025, coa 2ª semifinal por Pontevedra. Amais de celebrarse o duelo entre dúas vacas pontevedresas polo concello de Rodeiro, Pauliña e Boneca, contarase coas actuacións musicais de Rebeca, La Sombra de Justine, Brincadeira e a orquestra Grupo Tania Veiras, entre outras.

04:35 h

UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural.

04:35 h

UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: Pantón

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. Un refrescante baño na fervenza de Augacaída, en Pantón, porá a proba a resistencia de Michael Sellick.

06:05 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Concurso.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 08.06.2025

div-crtvg-top2

Publicidade