div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: Coello á cabana con azafrán

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

07:00 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 07.06.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1149

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

10:45 h

LABRANZA: LABRANZA 1737

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

11:15 h

CONFIDENCIAS: Sergio Vallejo

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O sacerdote Andrés Ramos desprázase hoxe co ‘Confidencias’ a Meira para falar co piloto Sergio Vallejo sobre a ambición desmedida.

12:10 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 9

Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia.

12:10 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: Colonizadores galegos na Arxentina rural

Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. No século XIX fixéronse os actuais límites da Patagonia no sur da Pampa, nome que os españois tomaron do quechua para denominar estas grandes chairas do centro da Arxentina, O Uruguai e sur do Brasil. Aquí chegou unha primeira vaga migratoria desde A Coruña arredor de 1776. Esta nova entrega narra e documenta a historia da emigración galega á Patagonia arxentina, ilustrada con fotos e imaxes históricas de galegos que deixaron pegada na Pampa arxentina e entrevistas a familiares, historiadores, expertos, e responsables de institucións.

13:30 h

NO FOCO: NO FOCO 07.06.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 07.06.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 07.06.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 07.06.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 07.06.2025

15:40 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 2

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

15:50 h

O NOVO REI DA COMEDIA ALL STARS

Risas, improvisación e duelo de capitáns neste novo concurso de humor presentado por Miguel Lago. En cada programa haberá dous equipos, cada un deles formado por dous ex concursantes de 'O novo rei da comedia' e un cómico profesional que liderará a batalla polo humor. Os artistas Víctor Fábregas, cos concursantes Charly e Carla, e Isi, con Leti e Brais, lideran hoxe cadanseu equipo de humoristas.

18:35 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Hugo, natural de Poio; Marc, do Carballiño, e Ángeles, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

19:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 661

19:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 709

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 07.06.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 07.06.2025

22:00 h

SALA G: SALA G 11

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo.

22:00 h

SALA G: Ana Kiro contra Todxs

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. Batalla musical con Tania Veiras, capitá do equipo anakirista, que conta co apoio das Supremas de Móstoles, Ruth Núñez, Kris Somad e Carolina Rubirosa, e, no equipo de ‘Todxs’, comandado por Manuel de Andrade, súmanse hoxe Xurxo Fernandes, as PanSenFron, GFace, Awa Famy, Laura Añón, Capitán Sabrosura e César Romero.

00:00 h

ANA KIRO. A MIÑA PRIMEIRA ACTUACIÓN NA TVG

A TVG continúa coa celebración do seu 40 aniversario recuperando para a audiencia algúns dos momentos ou programas que marcaron un fito na canle pública galega. Hoxe recupera a primeira gala homenaxe a Ana Kiro na TVG, ‘Toda unha vida’, realizada en 1996 no Pazo de Congresos da Coruña. A cantante conta anécdotas sobre os seus inicios e traxectoria profesional, ao tempo que canta con personaxes coñecidos como José Guardiola, Salomé, Xosé R. Gayoso ou as corais de Mera e Arzúa, así como con outras mulleres da súa familia.

01:05 h

BELÍSIMA

Nos estudios de Cinecittá, o director Alessandro Blasetti está a facer un casting para seleccionar a nena que actuará na súa nova película. Entre as nais que levaron as súas fillas está Maddalena Cecconi, unha muller de barrio que soña con ver a súa filla no Olimpo das grandes estrelas. Contra a vontade do seu home, Maddalena non repara en medios para conseguir o seu obxectivo: inscribe a María nun curso de baile e actuación, págalle fotógrafo e peiteadora, encárgalle vestidos a medida... Na súa obsesión, confía incautamente en Alberto Annovazzi, un especulador sen escrúpulos que di ter os contactos necesarios para que María realice a proba.

02:55 h

O NOVO REI DA COMEDIA ALL STARS

Risas, improvisación e duelo de capitáns neste novo concurso de humor presentado por Miguel Lago. En cada programa haberá dous equipos, cada un deles formado por dous ex concursantes de 'O novo rei da comedia' e un cómico profesional que liderará a batalla polo humor. Os artistas Víctor Fábregas, cos concursantes Charly e Carla, e Isi, con Leti e Brais, lideran hoxe cadanseu equipo de humoristas.

04:30 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Concurso.

04:40 h

LABRANZA: LABRANZA 1737

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

05:15 h

div-crtvg-top2

Publicidade