TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.06.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.06.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con José Otero, capitán de barco.
ESTACHE BO!: Tenreira ao viño tinto con cogomelos
Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará do viño e das súas propiedades.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Hoxe ‘O termómetro’ fala das coberturas dos seguros agrarios e das lombrigas intestinais, e ensina exercicios para facer en días calorosos, entre outros temas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.06.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.06.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.06.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 704
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 656
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.06.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
O bote medra ata os 3.200 €. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ recibe hoxe a Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e a nova incorporación, Pablo, de Lugo. Se o concursante que chegue ao 'minuto final' acerta as cinco preguntas leva o gran premio. De errar nalgunha delas faise cun petisco de 200 €.
COS PÉS NA TERRA
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos pés na terra' amosa o traballo dun cesteiro con moita arte e a unha parella dedicada á cría de porcos celtas A terceira parella protagonista deste luns aposta por espallar coñecemento desde a súa leira.
OS AUTÉNTICOS: Carlos, Marcos, Iria e Gloria
En ‘Os auténticos’ coñecemos ás expertas en xogos de mesa Iria e Gloria. Elas adaptan estes xogos a diferentes discapacidades. Temos unha cita con Marcos e os seus tractores. Este home auténtico creou na súa aldea un museo no que os protagonistas son estas máquinas. E visitamos a catedral de Mondoñedo da man do seu organista. Carlos é un rapaz que con só 24 anos é o encargado de facer soar esta marabilla. ‘Os auténticos’ coñece hoxe un par de expertas en xogos de mesa adaptados, o creador dun museo de tractores e o organista da catedral de Mondoñedo.
A CIDADE PERDIDA DE Z
A principios do século XX o explorador británico Percy Fawcett, militar de carreira, é enviado á selva amazónica para que delimite a fronteira entre Brasil e Bolivia, axudando así o Goberno británico a preservar os seus intereses no negocio do caucho. En calidade de cartógrafo, Fawcett emprende unha longa e perigosa viaxe, en que se adentrará en territorios inexplorados do Amazonas, acompañado por un grupo de homes de confianza. Guiado pola convición de que as historias que escoitou sobre unha cidade antiga construída de ouro, á que denominará cidade Z, eran certas, Fawcett intentará facer un dos descubrimentos máis importantes da historia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.