div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: 'Chili mac and cheese''

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

07:00 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1970

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 588

A Adoración Nocturna de Lugo foi creada fai 140 anos e celebrou o seu aniversario cunha peregrinación ao santuario eucarístico do Cebreiro. Neste encontro festivo participaron máis de 200 adoradores de toda Galicia.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 429

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 01.06.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1191

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:25 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural conversa hoxe con Ana Domínguez e Ángel Rueda, codirectores do festival S8 da Coruña, que celebra esta semana a súa décimo sexta edición.

11:55 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus.

12:20 h

OS AUTÉNTICOS: Ramón, Cris e Pablo

Novo programa para celebrar a autenticidade da nosa xente e o seu amor polas nosas raíces e tradicións. Hoxe coñecerase unha vidreira que enche de cor a vida, un veciño de Puxedo que celebra unha malla tradicional e o dono dunha mercería.

12:20 h

UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: Sober

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O espazo ‘Un guiri na Ribeira Sacra’ fará hoxe un percorrido polo patrimonio cultural e arquitectónico de Sober.

13:30 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.06.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.06.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.06.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.06.2025

15:40 h

AQUÍ GALICIA FEST: AQUÍ GALICIA FEST 5

Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición.

15:40 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 1

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

15:40 h

AQUÍ GALICIA FEST: Praza Ramón Cabanillas de Cambados

O equipo do programa chega a Cambados para montar a festa na praza Ramón Cabanillas. Isabel Blanco é a pregoeira deste programa e contamos coas actuacións da orquestra Miramar e dos Festicultores Troupe.

17:45 h

A MIÑA GRAN CIDADE: MONCHO BORRAJO - MARLENE MOURREAU- OURENSE

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días.

18:50 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Hugo, natural de Poio; Diego, da Coruña, e Martina, de Cangas, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daranlles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

19:35 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 655

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.06.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:40 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Neste novo programa do 'Atrápame se podes, chanzo arriba' Paco Lodeiro recibe a Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e a nova incorporación, Mónica, de Lugo. Hai 3.000 € en xogo e a seguridade dun petisco de 200 € para o concursante que chegue ao 'minuto final'.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.06.2025

21:55 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: CAZAR UN MENTIREIRO

Ás dez da noite do día 27 de marzo de 2019, o teléfono de emerxencias 112 recibiu a chamada dun veciño dos Curros, en Toques, alertando dun incendio nun monte próximo á súa casa.

21:55 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: Cazar a un mentireiro

Ás dez da noite do día 27 de marzo de 2019, o teléfono de emerxencias 112 recibiu a chamada dun veciño dos Curros, en Toques, alertando dun incendio nun monte próximo á súa casa. Hoxe achégase a un asasinato en Toques, que se intentou agochar como incendio forestal. Dous irmáns e o seu primo son detidos pola mala relación que mantiñan coa vítima, un veciño da parroquia.

22:30 h

CONFIDENCIAS

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos.

22:30 h

CONFIDENCIAS: Sergio Vallejo

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O sacerdote Andrés Ramos desprázase hoxe co ‘Confidencias’ a Meira para falar co piloto Sergio Vallejo sobre a ambición desmedida.

23:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 703

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

00:10 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.06.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

01:00 h

LUAR: LUAR 1442

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Arrinca Miss Vaca 2025 hoxe en 'Luar' co duelo lucense entre Linda e Dalia. A provincia de Lugo inaugura as semifinais do certame, nunha noite de emocións e expulsións, e onde Lucía Pérez e G-Face presentarán a bachata ‘Cabaliño de Lugo’. Completan as actuacións musicais: Helena Bianco, Fátima Pego e Manoele de Felisa, Orquestra Capitol, Pandeireteiras de Buxán e A Rexionalista, e a Agrupación Axio Mouro de Santa Comba.

04:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS

04:00 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus.

06:20 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural conversa hoxe con Ana Domínguez e Ángel Rueda, codirectores do festival S8 da Coruña, que celebra esta semana a súa décimo sexta edición.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 01.06.2025

div-crtvg-top2

Publicidade