TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 30.05.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 30.05.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!
“Chili mac and cheese” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos das especias carminativas.
ESTACHE BO!: 'Chili mac and cheese''
Amais de elaborar esta receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe das especias carminativas.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 30.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 30.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 701
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 653
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 30.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 30.05.2025
LUAR: LUAR 1442
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Arrinca Miss Vaca 2025 hoxe en 'Luar' co duelo lucense entre Linda e Dalia. A provincia de Lugo inaugura as semifinais do certame, nunha noite de emocións e expulsións, e onde Lucía Pérez e G-Face presentarán a bachata ‘Cabaliño de Lugo’. Completan as actuacións musicais: Helena Bianco, Fátima Pego e Manoele de Felisa, Orquestra Capitol, Pandeireteiras de Buxán e A Rexionalista, e a Agrupación Axio Mouro de Santa Comba.
PARIS PODE ESPERAR
Tras vinte anos de matrimonio, unha estadounidense fai unha viaxe en coche ata París acompañada por un compañeiro de traballo do seu home. A viaxe vai durando máis e máis e os viaxeiros van gozando dos praceres gastronómicos e culturais de cada rexión pola que pasan e tamén da mutua compaña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 30.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.