TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 29.05.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 29.05.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!
“Pasta con polo "strogonoff" clásica” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos de cear máis cedo para poder facer ben a dixestión.
ESTACHE BO!: Pasta con polo 'strogonoff'
Amais de elaborar esta receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe sobre os beneficios de cear máis cedo para poder facer ben a dixestión.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 29.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 29.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 700
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 652
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 29.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 29.05.2025
LAND ROBER TUNAI SHOW
Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. Borja Iglesias, Claudio Giráldez e Fillas de Cassandra, grandes protagonistas hoxe no 'Land Rober Tunai Show'. O xogador e o adestrador do R. C. Celta celebran o pase á Europa League nunha noite con música, humor e moita retranca na TVG.
GALICIAN FRIKI RESUMO
Resumo dos seis programas deste espazo da plataforma dixital AGalega.gal, onde teñen cabida todas as expresións da cultura popular e eventos galegos que se viven con orgullo ‘friki’, como a banda deseñada, o cosplay, o coleccionismo, os videoxogos, o K-pop e a ciencia ficción.
TEMPO DE MATAR
Nunha tranquila vila de Mississippi, dous mozos bébedos violan salvaxemente unha nena negra de dez anos. A maioría branca da cidade amósase horrorizada ante un crime tan atroz. Carl Lee, o pai da nena, decide tomar a xustiza pola súa man e mata os violadores da súa filla. Mentres, a tensión vai crecendo e reaparecen nas rúas as cruces ardendo do Ku Kux Klan, e Jake Brigance, un novo avogado branco, fará todo o posible por salvar tanto a vida de Carl Jee como a súa.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 29.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 24.05.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.