div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.05.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.05.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Emilio Bruquetas, conselleiro delegado de Recursos de Galicia (RDG).

11:00 h

ESTACHE BO!: Tomates e pementos recheos ao forno

Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará do sal e de canto é o recomendado para tomar.

11:00 h

O AGRO: O AGRO 28.05.2025

11:00 h

ESTACHE BO!

“Tomates e pementos recheos ao forno” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos do sal e de canto é o recomendado para tomar.

11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.05.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.05.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 699

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:20 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 651

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.05.2025

21:45 h

A MIÑA GRAN CIDADE: MANU TENORIO - ORTIGA

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. Ortiga ensínalle hoxe os seus recunchos favoritos de Compostela a Manu Tenorio en 'A miña gran cidade'. O andaluz, un apaixonado de Galicia, sorprenderase coa aparición de Pili Pampín e mesmo se animará a cantar, antes de decidir se queda ou abandona a cidade.

22:45 h

O + VIRAL: O + VIRAL 4

Fenómenos meteorolóxicos adversos, papagaios, bailes curiosos e piscinas, estes son os temas dos vídeos virais deste ‘O + Viral’. Na sección dos trebellos proban unha cana de pescar portátil, do tamaño dun bolígrafo, e no xogo viral teñen que identificar famosos sen dicir as palabras prohibidas. No reto do final teñen que ser quen de comer nata que vai polo aire, literalmente. Ademais, Carla Núñez sae as rúas para descubrir os ídolos secretos que rouban o corazón dos galegos e galegas. Amais de vídeos divertidos, os colaboradores de ‘O + viral’ proban unha cana de pescar portátil e na enquisa na rúa descubrirán os ídolos secretos dos galegos.

23:35 h

VIVE E DEIXA MORRER

O misterioso asasinato de varios espías británicos en misión secreta por Norteamérica provoca a intervención de 007, o axente da S.M. ‘con licenza para matar’. Chegado a Nova York, debe evitar un atentado que tiña como obxectivo único a súa morte. Detrás desa operación de acoso está o sinistro Dr. Katanga, primeiro ministro da illa de Santa Mónica, que non só posúe un exército particular e moi ben dotado, senón que ademais apadriña o rito ‘vudú’ co que agarda dominar América...

02:20 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

02:50 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

05:30 h

ZIGZAG: Episodio 3212

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Abraham Cupeiro visita co seu disco ‘Loira’ o 'Zigzag', que tamén descobre en Vigo a mostra colectiva ‘Escoitar’, en homenaxe ás mulleres do mar galegas.

05:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 28.05.2025

div-crtvg-top2

Publicidade