div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.05.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.05.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

11:00 h

ESTACHE BO!: Cordeiro con limón e olivas

Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe dos usos da vitamina C.

11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Hoxe, ‘O termómetro’ ensina ferramentas de autodefensa e o funcionamento dos robots de muxidura, amais de falar no estudio co escritor Ulises Bértolo.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.05.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.05.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 697

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:20 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 649

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.05.2025

21:40 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ recibe a Antón, de Cangas; Coral, da Coruña; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e a nova incorporación, Martiño, de Arzúa. O bote segue medrando e xa alcanzou os 2.800 €. Os cinco concursantes van intentar chegar ao 'minuto final' para poder levalo.

22:00 h

COS PÉS NA TERRA

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Un gandeiro e unha ourive demostrarán hoxe na TVG que viven 'Cos pés na terra'. O programa tamén estará no restaurante dun home que atende os seus clientes a base de coidar galiñas de Mos e porcos celtas e de apañar grelos.

23:10 h

OS AUTÉNTICOS: Carlos, José Manuel, Rocío e Fran

En ‘Os auténticos’ coñecemos a dous cereiros do século XXI. Eles son Rocío e Fran. Unha parella acostumada a dar renda solta ó seu enxeño e a reciclar cera alí onde a atopan. Temos unha cita con Seixas, un artesán que foi quen de recompilar centos de saberes ao redor dos nosos Entroidos e das súas máscaras. E con Carlos aprendemos a bailar Lindy Hop, unha modalidade de baile chegada de Harlem coa que descubriremos que bailar é moi divertido. Dous cereiros do século XXI amosan hoxe o seu traballo en ‘Os auténticos’. O programa tamén ten unha cita cun artesán que recompila máscaras de Entroido e cun mestre de lindy hop, unha modalidade de baile chegada de Harlem.

00:30 h

BRAZIL

Nun distópico universo futurista onde reinan as máquinas, unha mosca cae dentro dun ordenador e cambia o apelido do guerrilleiro Harry Tuttle polo do tranquilo pai de familia Harry Buttle, que é detido e asasinado polo aparato represor do Estado. O tranquilo burócrata Sam Lowry é o encargado de devolver un talón á familia da vítima, circunstancia que lle permite coñecer a Jill Layton, a muller dos seus soños. E mentres a persegue, fai amizade con Harry Tuttle e se converte no seu cómplice.

02:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.05.2025

div-crtvg-top2

Publicidade