div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Hoxe, ‘O termómetro’ ensina ferramentas de autodefensa e o funcionamento dos robots de muxidura, amais de falar no estudio co escritor Ulises Bértolo.

09:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1969

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 587

As cinco Dioceses galegas presentaron por segundo ano, de maneira conxunta e nun exercicio de transparencia, a actividade que a igrexa desenvolve en Galicia o longo do ano. Nesta ocasión, ademais de dar a coñecer o libro da memoria que recolle esa actividade, compartíronse testemuños de dúas realidades concretas, como a pastoral penal e o acompañamento as vítimas de prostitución e trata de persoas.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 428

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 25.05.2025

Presenta Chus Tanoira. Hoxe inclúe unha entrevista con María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1190

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O 'Zigzag' conversa no estudio cos músicos de Peitoescuro, María Rojo e Rubén Gutiérrez, que hoxe presentan o tema ‘Metamorfose’.

11:55 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus. Paula, unha optometrista de Vigo, experimentará como é o día a día nunha granxa.

12:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 695

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:10 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: Resumos semanais

No programa de hoxe María Mera, César Romero e o xurado dannos as súas impresións sobre os aspirantes. Ademais, tanto padriños como concursantes falan sobre as súas rutinas antes de saír ao escenario e comparten varios consellos para quentar a voz e evitar calquera tipo de lesións nas cordas vocais. Doutra banda, contamos cunha Extraordinaria de Ouro de excepción, Yamohe, que nos fará bailar a ritmo de bachata.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 25.05.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.05.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.05.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.05.2025

15:40 h

AQUÍ GALICIA FEST: Betanzos (Praza de Irmáns García Naveira)

O equipo do programa chega a Betanzos para montar a festa na praza Irmáns García Naveira. Antón Reixa é o pregoeiro deste programa e contamos coas actuacións da orquestra Los Satélites, do Aquí Galicia Band e da A.C. A Fuliada. Unha homenaxe conmovedora e unha máxica proba de amor eterno, na sesión vermú que o ‘Aquí Galicia Fest’ leva hoxe a Betanzos con Antón Reixa como pregoeiro.

17:45 h

PREMIOS DÍGOCHO EU 2025

Gala de entrega dos IV premios escolares DígochoEu, presentada por Esther Estévez e polo reporteiro da TVG Óscar Cruz. Unha gran festa da lingua en que se coñeceron os centros educativos gañadores deste certame de vídeos en galego.

18:40 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Hugo, natural de Poio; Bea, de Gondomar, e Javi, de Vigo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

19:35 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 648

19:40 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 696

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 25.05.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:55 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: Rescatados do inferno

O 20 de novembro de 2008, Ubaldina Tajes acode ao cuartel da Garda Civil de Noia. Dende o día nove de novembro non sabe nada do seu fillo. ‘Desafíos criminais' descobre as claves do crime de Aranga: dous asasinados, desmembrados e agochados nunha fosa séptica. O 20 de novembro de 2008, Ubaldina Tajes acode ao cuartel da Garda Civil de Noia. Desde o día 9 de novembro non sabe nada do seu fillo.

21:55 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 25.05.2025

22:05 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. No 'Atrápame se podes, chanzo arriba' Paco Lodeiro pon hoxe en xogo 2.600 € para que loiten por eles Antón, de Cangas; Elisa, de Chantada; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e a nova incorporación, Coral, da Coruña. Se o finalista erra algunha das cinco preguntas do 'minuto final' leva o petisco valorado en 200 €.

23:00 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: Rescatados do inferno

Docushow procedemental de carácter policial que revela a verdade dos crimes que conmocionaron Galicia. ‘Desafíos criminais' descobre as claves do crime de Aranga: dous asasinados, desmembrados e agochados nunha fosa séptica. O 20 de novembro de 2008, Ubaldina Tajes acode ao cuartel da Garda Civil de Noia. Desde o día 9 de novembro non sabe nada do seu fillo.

23:30 h

CONFIDENCIAS: Andrés Suárez

O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O espazo trasládase hoxe á aldea de Pantín, en Valdoviño, para coñecer o cantautor Andrés Suárez.

00:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 696

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

01:40 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 25.05.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:35 h

LUAR: LUAR 1441

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A voz potente e inconfundible de Francisco enche hoxe o escenario de 'Luar'. O artista interpreta ‘México’ e unha versión de ‘Torres de Compostela’ nunha noite que tamén conta con Suavecito, a Banda de Rianxo con Brincadeira, Vilamariachi con Marietta e moito baile.

05:40 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus. Paula, unha optometrista de Vigo, experimentará como é o día a día nunha granxa.

06:05 h

PREMIOS DÍGOCHO EU 2025

Gala de entrega dos IV premios escolares DígochoEu, presentada por Esther Estévez e polo reporteiro da TVG Óscar Cruz. Unha gran festa da lingua en que se coñeceron os centros educativos gañadores deste certame de vídeos en galego.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 25.05.2025

div-crtvg-top2

Publicidade