TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 21.05.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 21.05.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!
"Lasaña inspirada na “pasta alla norma”" é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos de que as berenxenas non se poden comer crúas e das súas propiedades antioxidantes.
ESTACHE BO!: Lasaña inspirada na “pasta alla norma”
Ademais de elaborar unha receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe de que as berenxenas non se poden comer crúas, así como das súas propiedades antioxidantes.
O AGRO: O AGRO 21.05.2025
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 21.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 21.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 692
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 644
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 21.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 21.05.2025
A MIÑA GRAN CIDADE: JOSÉ MANUEL PARADA – ANA SANTOS. LUGO
Neste episodio José Manuel Parada ensina Lugo á actriz Ana Santos. O presentador intenta convencer a súa visitante de que Lugo é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é Ana quen debe tomar a decisión final: quedar na cidade ou coller o billete de volta e regresar a Mazaricos. Para conquistala, Parada ten preparadas varias experiencias únicas, como apreciar de preto os vestixios romanos, a evolución da Tinería ou a importancia do Breogán para a cidade.
A MIÑA GRAN CIDADE: José Manuel Parada–Ana Santos. Lugo
Neste episodio José Manuel Parada ensina Lugo á actriz Ana Santos. O presentador intenta convencer a súa visitante de que Lugo é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é Ana quen debe tomar a decisión final: quedar na cidade ou coller o billete de volta e regresar a Mazaricos. Para conquistala, Parada ten preparadas varias experiencias únicas, como apreciar de preto os vestixios romanos, a evolución da Tinería ou a importancia do Breogán para a cidade.
O + VIRAL: O + VIRAL 3
Vídeos relacionados co agro, coa comida e a bebida, vídeos de cabalos e vídeos de festas curiosas, eses son os temas principais deste O + Viral. A maiores proban un trebello para facer filloas, e compiten, no xogo viral, por ver quen ten máis destreza debuxando cancións. Carla Núñez sae á rúa para que os galegos lle desvelen cales son os contactos máis famosos que teñen nas súas axendas do móbil. O reto viral do final consiste en xogar a pedra, papel e tesoiras, dun xeito moi particular. Os vídeos máis curiosos chegan a ‘O + viral', cuxos colaboradores probarán esta noite un trebello á venda en internet para facer filloas.
CODA
Lola, Pierre e Benoît son moi diferentes pero, dende que os seus pais faleceron, están moi unidos. Lola, avogada especializada en divorcios, fai de mediadora de seus irmáns cando un inconveniente no matrimonio de Benoît, leva a este último a cortar lazos con Pierre, que pola súa parte, ten dificultades no seu traballo. A historia dunha familia unida e as dificultades que probarán o fortes que poden ser os lazos entre irmáns. Unha pianista afamada, que intenta superar o seu medo escénico ao final da súa carreira, atopa unha nova inspiración nunha crítica musical de espírito libre.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 692
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 21.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
NO FOCO: NO FOCO 17.05.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.