div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ fala hoxe sobre a problemática dos pólipos para a saúde e coñece unha explotación gandeira con cepillos rotativos, entre outros temas.

07:00 h

ESTACHE BO!: Arroz á zamorana

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 17.05.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1146

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

10:45 h

LABRANZA: LABRANZA 1734

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

11:15 h

CANTORAS DA MONTAÑA LUGUESA

Documental.

12:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VI (PREVIO CASTINGS)

12:10 h

PREMIOS DÍGOCHO EU 2025

13:25 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

13:30 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VI (RESUMOS SEMANAIS): A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VI (RESUMOS SEMANAIS)

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 17.05.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:20 h

NO FOCO: NO FOCO 17.05.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2025

15:50 h

O NOVO REI DA COMEDIA

As risas protagonizan sketches como "Cita no INE", o Instituto Nacional de Estatística, e "Turistaliens", unha parodia sobre dous extraterrestres que veñen de vacacións á terra. "Teen Xabarín" fai humor coa realidade das fichaxes deportivas e "Carmela e Xuliño" emula a gran Mari Carmen e os seus bonecos. Realidades tan distintas como certas vense reflectidas nos monólogos que Leti e Carla fan neste programa. Na "Pasarela Palomino", unha deseñadora chega rachando coa pana e "A cara oculta" descobre o lado menos coñecido de Robin, o de Batman. O "Non me fagas rir" regálalles aos concursantes 45 segundos para facer rir cun tema libre.

18:55 h

GAÑA A TÚA ALDEA

David, natural de Santiago, Pablo, de Carballo, e Santi, de Arteixo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

19:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 640

19:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 688

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 17.05.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:40 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 17.05.2025

22:25 h

O CORPO ABERTO

1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

00:45 h

GUNGA DIN

Cutter, MacChesney e Ballantine, tres sarxentos do exército británico unidos por unha estreita amizade, son enviados a unha zona montañosa da India para averiguar as causas da estraña interrupción das comunicacións telegráficas. Os tres vivirán, en compaña de Gunga Din, o seu porteador de auga, diversas aventuras que os enfrontarán aos temibles tags, unha seita de adoradores da deusa Kali. Descubrirán ademais un templo agochado, serán apresados e torturados e salvarán o exército de caer nunha trampa mortal.

02:45 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués, estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa.

05:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

05:30 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Concurso.

div-crtvg-top2

Publicidade