div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 16.05.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 16.05.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

11:00 h

ESTACHE BO!

“Pastel de espinacas e queixo feta” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos dos efectos dos cambios bruscos de inxesta de vitamina K que inhiben aos tratamentos anticoagulantes.

11:00 h

ESTACHE BO!: Pastel de espinacas e queixo feta

Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará dos efectos dos cambios bruscos de inxesta de vitamina K que inhiben os tratamentos anticoagulantes.

11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 16.05.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 16.05.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 687

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.05.2025

21:50 h

LUAR: LUAR 1440

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Tanxugueiras e Amancio Prada encabezan un 'Luar' especial que dá a benvida ao Día das Letras Galegas. O programa, que celebra a poesía popular oral cunha edición chea de música tradicional e voces galegas, conta tamén coas actuacións de Samuel Soto, Nunca e tarde ou Wanila, entre outros artistas.

01:30 h

SICA

Sica (14) está obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte. Mentres percorre os cantís coñece a Suso (15), o Cazatormentas, un mozo raro coma ela que espera a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do accidente e introdúcese nunha dolorosa viaxe de descubrimento. Aos seus ollos, o lugar mariñeiro onde ela creceu, marcado pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da Natureza, xamais volverá ser o mesmo. Sica é unha adolescente da Costa da Morte, que espera a que o mar lle devolva o cadáver do seu pai, mentres investiga os misterios que se esconden tras o naufraxio que sacudiu a súa vida. Á vez que a Natureza se desequilibra, Sica está soa na súa incansable procura ata que un día atopa a Suso, un peculiar mozo coñecido como o Cazatormentas pola súa paixón pola predición de fenómenos meteorolóxicos. Sica acabará por descubrir que o seu pai e a comunidade na que vive non son o que parecen.

03:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:35 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. ‘Zigzag’ conversa hoxe no estudio co artista Christian Villamide e a comisaria da súa mostra ‘Cando a paisaxe se fixo verba’, Paula Cabaleiro.

04:05 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

div-crtvg-top2

Publicidade