TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 14.05.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 14.05.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!
“Garavanzos con polo en salsa “tahini” ” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos sobre o amidón e os efectos que ten.
ESTACHE BO!: Garavanzos con polo en salsa 'tahini'
Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará sobre o amidón e os efectos que ten.
O AGRO: O AGRO 14.05.2025
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 14.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 14.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 685
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 14.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 14.05.2025
A MIÑA GRAN CIDADE: XISCO FEIJOO-ANTONIA DELL ATTE
Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días.
A MIÑA GRAN CIDADE: Xisco Feijoo-Antonia Dell'Atte
Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. O artista Xisco Feijóo ensínalle Vigo á modelo italiana Antonia Dell'Atte hoxe en 'A miña gran cidade'. Tras gozar de catro experiencias, o vigués remata esta visita cunha mostra da nosa música tradicional en Samil, unha praia que namora a Dell’Atte.
O + VIRAL: O + VIRAL 2
Programa de entretemento e humor, presentado por Alba Mancebo, xunto cos colaboradores Marcos López, Carla Núñez, Jazmín Abuín e Perico Balado, que comentan os contidos máis curiosos e virais de Internet. O programa de humor ‘O + viral’ amosa hoxe condutores temerarios, desfeitas do día e trebellos á venda na Internet, entre outros contidos virais na Internet.
ANTES DE NÓS:O CASTELAO MÁIS ÍNTIMO
Este relato audiovisual afonda nos retos, a paixón e os esforzos técnicos e artísticos que deron vida á película Antes de Nós. A través dunha narrativa estruturada, recóllese o traballo dos distintos departamentos: dirección, arte, produción, vestiario, maquillaxe, son e fotografía, amosando o rigor e a meticulosidade que define a produción. Ademais de mostrar a labor técnica e creativa, este contido pretende capturar a esencia emocional do proceso cinematográfico. Recolle os desafíos e momentos de tensión vividos no set, a conexión entre os actores e os seus personaxes, así como a paixón e o compromiso de todo o equipo.
O HOME E O CAN
Manuel, un sexaxenario coas súas capacidades intelectuais mermadas ao nacer e que adoita falar cos mortos da súa parroquia, vive co seu inseparable can nunha esquecida aldea galega da que non lembra terse ausentado nunca. Falecida a última muller da aldea, convértese no último habitante e tal vez tamén el chegase a morrer alí sen saír nunca da aldea se non fora porque o seu can sofre un accidente e decide buscar axuda para intentar salvalo viaxando ao descoñecido mundo da cidade. Desgraciadamente, ao chegar á clínica veterinaria, o animal asústase e escapa para perderse na inmensidade descoñecida da capital da provincia. Acollido na casa da súa sobriña e do seu irmán moribundo, Manuel coñece a Paula, unha rapaza procedente dunha familia desestruturada que pasou a vida en fogares de acollida. Xuntos iniciarán a busca do animal, que pronto se torna nunha investigación para atopar a Marta, a filla de Manuel, cando comezan a sospeitar que non falecera de nena como lle dixera a súa familia, senón que lla arrebataron para ser dada en adopción a unha familia con máis recursos. Manuel é un home con capacidades intelectuais diminuídas que non saíra nunca da súa aldea, onde vive completamente só tras a morte da última veciña, pero co seu inseparable can ata que un accidente o obriga a adentrarse na cidade na busca dun veterinario. En medio dese caos atoparase con Paula, quen fuxe dun fogar desestruturado en busca de liberdade. Dous personaxes aparentemente antagónicos converteranse, sen esperalo, en dous amigos, unidos pola soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 685
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 14.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cineasta compostelán Alfonso Zarauza conversa hoxe no 'Zigzag' sobre o galardón que lle outorga o Festival de Cans a súa destacada traxectoria.