div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

LUAR: LUAR 1439

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Função Públika, Sonia e Selena e Sen Senra poñen música a unha nova noite de festa en 'Luar'. O programa da TVG recibe tamén a Ata o mandil, Dolores; a agrupación de Rubi, e novas roldas dos concursos ‘Vai de Baile’ e ‘Recantos’.

07:00 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

07:00 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

09:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1967

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 585

A diocese de Tui-Vigo e a cidade tudense homenaxean, na oitava de Pascua, ao seu santo patrón, Pedro González Telmo. Máis coñecido como San Telmo, tamén é protector dos navegantes.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 427

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 11.05.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1188

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. ‘Zigzag’ conversa hoxe coa autora viguesa María Oruña, que acaba de presentar a súa nova novela de misterio ‘O albatros negro’.

11:30 h

NO FOCO: NO FOCO 10.05.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

11:55 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus. Paula, unha optometrista de Vigo, experimentará como é o día a día nunha granxa.

11:55 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Regina Coeli

Presentado pola xornalista Chus Tanoira, retransmisión en directo do Regina Coeli, rezo que se realiza durante a época pascual, substituíndo o Ángelus, desde a Loxia central da Basílica de San Pedro no Vaticano,.

12:15 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 681

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 11.05.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.05.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.05.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.05.2025

15:40 h

AQUÍ GALICIA FEST: AQUÍ GALICIA FEST 2

Novo formato creado a partir do ‘Aquí Galicia’, presentado por Lucía Veiga e Dani Polo. Cunha finalidade lúdica e de pasalo ben, o ‘Aquí Galicia Fest’ percorrerá as vilas galegas creando unha sesión vermú única e inédita, onde haberá xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición.

15:40 h

AQUÍ GALICIA FEST: Monforte de Lemos

Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. O ‘Aquí Galicia Fest’ idea hoxe unha sesión vermú única en Monforte de Lemos, con Sergio Pazos de pregoeiro e a música das Extraordinarias Team e La Tremenda, entre outros.

17:40 h

A MIÑA GRAN CIDADE: María Mera-Alessandro Lequio, Santiago de Compostela

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. O conde Lequio descobre os segredos de Compostela en 'A miña gran cidade', da man da actriz María Mera. A presentadora Noelia Rey sorprenderá a artista galega coa participación do coñecido aristócrata italiano, a quen lle ensinará o seu Santiago máis persoal.

18:40 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Xurxo, natural de Chantada, David, de Santiago de Compostela, e Jorge, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

18:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 639

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 682

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 11.05.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 11.05.2025

21:40 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula 1.600 € no bote. Nesta ocasión, Antón, de Cangas; Jero, de Santiago; Alba, de Lobios; Andrea, de Camelle, e a nova incorporación, Koke, da Coruña, van competir por levalo. Se o concursante que chegue ao 'minuto final' non dá acertado as cinco preguntas terá que conformarse co petisco de 200 €.

21:55 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: O secuestro de Abel

Abel Diéguez Neira era un empresario da madeira. O día 18 de xaneiro de 2014 tiña unha cita nun bar de Montesalgueiro cun novo cliente que quería venderlle unhas leiras. Aquela xuntanza converteríase nunha trampa fatal. Esta primeira entrega revive o secuestro de Abel Diéguez, un caso que puxo en xaque os investigadores da Garda Civil.

22:30 h

OS GARDIÁNS DO MAR: Xornada de pesca na ría de Corcubión

Axentes de Vixilancia Aduaneira descobren 524 quilos de cocaína escondidos no porto de Vigo. O Servizo Marítimo da Garda Civil vixía a costa desde a patrulleira ‘Rio Luna’. Gardacosta realiza unha xornada de pesca na ría de Corcubión. Dous pescadores afeccionados visitan a embarcación e aos axentes que os salvaron de morrer afogados nun naufraxio. Os espectadores do programa serán hoxe testemuñas do descubrimento dun grande alixo de drogas no porto de Vigo.

23:30 h

ALARMA 080: ALARMA 080 8

Os bombeiros de Ponteareas, Vilalba, Ferrol e Padrón afrontan intervencións que salientan a importancia da preparación e da coordinación. En Ponteareas controlan un incendio nun contedor preto dun monte, evitando a súa propagación. En Vilalba levan a cabo unha práctica de extinción dun vehículo ardendo para perfeccionar técnicas críticas. En Ferrol a práctica de excarceración reforza a preparación para accidentes graves. En Padrón a revisión de hidrantes en áreas urbanas e rurais asegura un acceso rápido á auga para futuras emerxencias. A formación continua e a organización son fundamentais no labor dos parques galegos. ‘Alarma 080’ seguirá hoxe intervencións dos bombeiros de Ponteareas, Vilalba, Ferrol e Padrón.

00:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 682

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

01:45 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 11.05.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

03:00 h

LUAR: LUAR 1439

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Função Públika, Sonia e Selena e Sen Senra poñen música a unha nova noite de festa en 'Luar'. O programa da TVG recibe tamén a Ata o mandil, Dolores; a agrupación de Rubi, e novas roldas dos concursos ‘Vai de Baile’ e ‘Recantos’.

div-crtvg-top2

Publicidade