TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.05.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.05.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Lacón con fabas e grelos
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa ‘O Termómetro’ falará dos xermes que habitan nos baños e explicará cales son as variedades ideais para plantar nesta época do ano.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 676
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 05.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.05.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ arranca en 1.000 € despois de que no anterior programa Pablo, de Cabana de Bergantiños, levara o gran premio. Antón, de Cangas; Antón, de Meira; Sergio, de Vilasantar; Lala, de Vigo, e a nova incorporación, Andrea, de Camelle, van intentar emulalo. Se ningún deles o dá conseguido, o finalista gaña un petisco de 200 €.
COS PÉS NA TERRA
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O espazo 'Cos Pés na Terra' amosa este luns como se esculpe con motoserra e cales son os avances que fan máis doada a vida dun gandeiro no século XXI. Ademais, descubrirá os recunchos espectaculares que rodean un albergue de montaña en Casaio.
PUNTO NEMO: Mutación cósmica
Serie. Narra a historia dunha expedición oceanográfica composta por científicos e membros da Armada Española que se dirixen ao Pacífico Sur para investigar e concienciar sobre os problemas da illa de plástico. Unha forte tormenta desvíaos ata unha illa misteriosa, onde deberán poñer a proba as súas habilidades para sobrevivir e fuxir deste lugar remoto coñecido como Punto Nemo, o punto máis afastado de calquera lugar habitado da Terra. No último capítulo de ‘Punto Nemo’, os contrabandistas chegan á illa, esixen a esmeralda e desatan un violento enfrontamento.
EIFFEL
Unha vez finalizada a súa colaboración na Estatua da Liberdade, o célebre enxeñeiro Gustave Eiffel está na cima do mundo. Agora, o goberno francés está a meterlle presión para deseñar algo espectacular para a Exposición Universal de París de 1889, pero Eiffel non está interesado. De súpeto, todo cambia cando no seu camiño se cruza unha misteriosa muller do seu pasado e o lume da súa paixón prohibida se reaviva, inspirándoo a cambiar a imaxe de París para sempre.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
NO FOCO: NO FOCO 03.05.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cantareiro e bailador Mondra presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu segundo disco, titulado ‘De ronda’.