TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine segue indagando nas consecuencias do apagamento nos fogares e fala da importancia das legumes na dieta, entre outros contidos.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1966
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 584
O Papa Francisco foi o noso pastor durante os últimos 12 anos. Recordamos a súa figura e facemos unha valoración do seu ministerio.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 426
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 04.05.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1187
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O dúo musical Fillas de Cassandra presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu novo traballo ‘Hibernarse’ e fala dos seus variados proxectos.
NIN OFICIO NIN BENEFICIO
Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 674
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 04.05.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.05.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.05.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.05.2025
AQUÍ GALICIA FEST: Ribadavia
Novo formato creado a partir do ‘Aquí Galicia’, presentado por Lucía Veiga e Dani Polo. Cunha finalidade lúdica e de pasalo ben, o ‘Aquí Galicia Fest’ percorrerá as vilas galegas creando unha sesión vermú única e inédita, onde haberá xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. Na súa estrea, o programa visita Ribadavia, con Paco Lodeiro de pregoeiro e coas actuacións de Nati Méndez, Cristian Yennia e a Orquestra Los Player’s, entre outros artistas.
A MIÑA GRAN CIDADE: Diego G. Rivas e Alba Carrillo (A Coruña)
Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. O médico Diego González Rivas descóbrelle A Coruña a Alba Carrillo, en ‘A miña gran cidade'. A coñecida modelo e comunicadora, encantada co seu anfitrión, coñecerá a cidade e a súa gastronomía.
GAÑA A TÚA ALDEA
Mark, natural da Coruña, Kike de Vilagarcía, e Marta, do Burgo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 637
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 675
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 04.05.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 04.05.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Un bote de 23.200 € agarda por quen responda correctamente a todas as preguntas do 'Minuto final'. Antón, de Cangas; Pablo, de Cabana de Bergantiños; Antón, de Meira; Lala, de Vigo, e a nova incorporación, Sergio, de Vilasantar, van intentar facerse co gran premio neste programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’.
OS GARDIÁNS DO MAR: ‘Operación Lince’ contra o narcotráfico
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. Os espectadores do programa ‘Os gardiáns do mar’ asistirán esta noite á ‘Operación Lince’ contra o narcotráfico. Tamén acompañarán o servizo de Garda Costas nun rescate e nunha inspección nas bateas da ría de Arousa.
ALARMA 080: ALARMA 080 7
Programa inmersivo que se achega ao día a día dos bombeiros de Galicia, mostrando a súa valentía e a dedicación na loita contra incendios e emerxencias. ‘Alarma 080’ pasará unha xornada nos parques de bombeiros de Mos, Boiro, Vilalba e Padrón.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 675
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 04.05.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
LUAR: LUAR 1438
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O cantareiro e bailador Mondra presenta hoxe en 'Luar' o seu novo disco. O espazo da TVG tamén contará coa presenza do cantante Serafín Zubiri, do artista naronés Lode, da orquestra Costa Dorada, do recoñecido coro Cantigas e Agarimos e da agrupación tradicional Ximiela.
NIN OFICIO NIN BENEFICIO
Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus.