TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1965
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 583
Programa relixioso.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 425
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 27.04.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1186
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 667
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
DE VIAXE CO PAPA FRANCISCO
A TVG achega o documental ‘De viaxe co Papa Francisco’, un retrato intimo do pontífice, a través do seu labor polo mundo e o seu compromiso cos pobos máis desfavorecidos.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 27.04.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.04.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.04.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.04.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 635
UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: A Pobra do Brollón
Tras pasar a noite na illada aldea de Laceiras, Michael Sellick coñece un artesán que leva dúas décadas vivindo no lugar. A continuación achégase ao xacemento de Penas do Castelo e a Salcedo, onde descobre un dos entroidos máis singulares de Galicia. E remata o día nas adegas medievais de Vilachá, saboreando os seus viños fronte aos impresionantes socalcos na ribeira do río Lor. A aventura de ‘Un guiri pola Ribeira Sacra’ continúa hoxe polo concello lucense da Pobra do Brollón.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 668
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA
Jesús, natural de Chantada; Fátima, de Portomarín; e Ramiro, de Cervo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 27.04.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 27.04.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ ten un bote que medra ata os 22.400 €. Antón, de Cangas; Pablo, de Cabana de Bergantiños; Antón, de Meira; Marietta, de Ribadeo, e a nova incorporación, Paula, de Mugardos, son os que compiten polo gran premio. Se o gañador do programa non acerta as cinco preguntas do 'minuto final' terá que conformarse co petisco de 200 €.
OS GARDIÁNS DO MAR: Rescate en augas de Malpica
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. ‘Os gardiáns do mar’ asistirá hoxe ao rescate dun regatista francés en augas de Malpica. Ademais, o programa patrullará o mar da Coruña co Servizo Marítimo da Garda Civil e a ría de Arousa cos axentes de Vixilancia Aduaneira.
ALARMA 080: ALARMA 080 6
Programa inmersivo que se achega ao día a día dos bombeiros de Galicia, mostrando a súa valentía e a dedicación na loita contra incendios e emerxencias. ‘Alarma 080’ amosa hoxe como a planificación e o adestramento son esenciais para as dotacións de bombeiros de Ferrol, Ponteareas, Betanzos e Vilalba.