div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:15 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ achégase aos beneficios do porco celta para ter o monte limpo e fala do elevado prezo da froita, entre outros contidos.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 26.04.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Funeral do Papa Francisco

Os medios públicos galegos ofrecen hoxe un Especial Informativo en directo co funeral do papa Francisco . Cobertura especial na TVG, coa retransmisión da misa funeral, o traslado dos restos mortais á Basílica de Santa María a Maior e a participación de expertos no estudio. A condución do programa correrá a cargo de Chus Tanoira, quen estará acompañada nos comentarios por voces especializadas como Alberto Varela, xefe de Informativos da Radio Galega; María José Campo López-Barcia, directora de comunicación da Diocese de Lugo, e David Varela Vázquez, reitor do Seminario de Lugo. A Eucaristía será traducida ao galego para facilitar a comprensión a toda a audiencia.

12:00 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1143

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

12:30 h

LABRANZA: LABRANZA 1731

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

13:05 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 666

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:35 h

NO FOCO: NO FOCO 19.04.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 26.04.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.04.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:05 h

NO FOCO: NO FOCO 26.04.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.04.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.04.2025

16:40 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. O humor é hoxe o protagonista das situacións máis complexas en 'O novo rei da comedia'.

18:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 634

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 667

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:10 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Jesús, natural de Chantada; Irene, da Coruña; e Olaya, de Castroverde, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 26.04.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 26.04.2025

21:55 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote ascende a 22.200 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ e os cinco que loitan hoxe por el son: Antón, de Cangas; Pablo, de Cabana de Bergantiños; María José, de Burela; Marietta, de Ribadeo, e a nova incorporación, Antón, de Meira.

22:40 h

HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 3

Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. A docuficción lembra hoxe o atentado da discoteca compostelá Clangor, en pleno auxe da movida universitaria. Coa entrega titulada ‘Viaxe á fin da noite santiaguesa’, a serie documental trasládase ao 10 de outubro de 1990 para coñecer o testemuño das vítimas deste suceso, que deixou tres falecidos e medio cento de feridos.

23:10 h

HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 4

01:25 h

QUE VIVA ITALIA !

En 1964, Dino Risi filmou ‘I mostri’, unha película composta por varios episodios sobre a vida italiana. 14 anos despois, tres coñecidos directores e tres grandes actores italianos reuníronse para amosar, en 14 episodios, unha visión lúcida, crítica e caricaturesca sobre diversos aspectos da vida italiana do momento.

03:10 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. O humor é hoxe o protagonista das situacións máis complexas en 'O novo rei da comedia'.

05:30 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Concurso.

06:15 h

div-crtvg-top2

Publicidade