div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.04.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.04.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

09:55 h

O AGRO: O AGRO 23.04.2025

10:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: DEBATO DO ESTADO DA AUTONOMÍA 2025. SESIÓN DA MAÑÁ

10:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Debate anual de política xeral. Sesión de mañá

A TVG ofrece, en directo, a primeira xornada do Debate anual de política xeral, coa intervención do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A emisión, presentada desde o estudio de San Marcos por Carlos Amado, cos comentarios do xornalista Jesús Fontenla no Parlamento, incorpora intérprete en lingua de signos.

12:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As novas arredor do Papa Francisco, hoxe en ‘O termómetro', que tamén asiste en Mos ao furancho Zapateira e á feira cabalar de Moeche, entre outros contidos.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.04.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO

16:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA 2025. SESIÓN DA TARDE

16:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Debate anual de política xeral. Sesión de tarde

Presentado por Carlos Amado desde San Marcos, cos comentarios de Jesús Fontenla no Parlamento de Galicia, sesión de tarde da primeira xornada do Debate anual de política xeral. En directo, a TVG ofrecerá as intervencións dos voceiros dos grupos -de menor a maior representación-, con quendas que non poderán exceder os 45 minutos. A todos eles daralles réplica Alfonso Rueda. Os grupos volverán ter outra quenda de 15 minutos e finalmente pechará a xornada o presidente da Xunta.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.04.2025

21:50 h

A MIÑA GRAN CIDADE: A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H 7

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días.

21:50 h

A MIÑA GRAN CIDADE: Diego G. Rivas e Alba Carrillo (A Coruña)

Neste episodio o Diego González Rivas exerce como anfitrión de Alba Carrillo na Coruña. O médico intenta convencer a súa visitante de que A Coruña é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é Alba quen debe tomar a decisión final: quedar na Coruña ou coller o billete de volta e regresar a Madrid. Para conquistar a súa visitante, Diego ten preparadas varias experiencias coas que amosar a súa A Coruña máis persoal: unha visita ao impresionante monte de San Pedro, un paseo pola zona de viños, un xantar de alto nivel con vistas ao mar e mesmo unha sesión de surf. O médico Diego González Rivas descóbrelle A Coruña a Alba Carrillo, en ‘A miña gran cidade'. A coñecida modelo e comunicadora, encantada co seu anfitrión, coñecerá a cidade e a súa gastronomía.

22:50 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Almudena, chacineira con 15 anos de experiencia, deixa os coitelos do xamón para empuñar desaparafusadores no programa ‘Nin oficio nin beneficio’. Hoxe, afrontará un cambio radical ao traballar nun cemiterio de coches en Ourense, onde esta muller de armas tomar demostrará a súa capacidade de adaptación nunha contorna completamente diferente. O programa pon hoxe unha chacineira a traballar nun desgüace.

23:25 h

ENFRONTADOS

Cinco anos despois de rematar a Guerra Civil Norteamericana, o coronel confederado Morsman Carver contrata varios homes para que lle axuden a capturar nas Montañas Rocosas a Gideon, un home do que xurou vingarse.

div-crtvg-top2

Publicidade