div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 19.04.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1708

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:50 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

12:55 h

SOÑO CONTIGO: Tras os pasos

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. Neste 'Soño contiGo' Alba e Liciña percorren Galicia durante a Semana Santa coñecendo os actos dun ciclo que comeza no Domingo de Ramos e remata no Domingo de Pascua. Visitan as procesións de máis sona pero tamén as pequenas celebracións das vilas que, malia ser máis descoñecidas, teñen unha orixinalidade moi salientable.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 19.04.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.04.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.04.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

MALO SERÁ SKETCH

15:35 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. Risas a cachón nas probas desta semana de ‘O Novo Rei da Comedia’. Os concursantes contarán as súas historias máis divertidas en seccións como ‘Non me fagas rir’, e explorarán as súas posibilidades interpretativas en sketchs como ‘Imos ao miolo’ ou ‘Timpazumba’.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.04.2025

18:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 632

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 661

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Jesús, natural de Chantada, Fon, de Gondomar, e Antón, de Chantada, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 19.04.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 19.04.2025

22:00 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ está nos 21.400 € e agarda a que alguén o reclame. Antón, de Cangas; Pablo, de Cabana de Bergantiños; María José, de Burela; Estrella, de Vilagarcía de Arousa, e a nova incorporación, Hugo, de Mos, van loitar polo gran premio. Para iso hai que chegar ao 'Minuto final' e acertar todas as preguntas. Se aquel que chegue erra algunha, ten que conformarse co petisco de 200 €.

22:50 h

HISTORIAS DE AQUÍ: Os 9 aneis de Santo Estevo (1ª parte)

Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. O misterio de 'Os 9 aneis de Santo Estevo' no mosteiro de Ribas de Sil sae hoxe á luz, en 'Historias de aquí'. O documental da TVG, con partes de ficción, mestura a lenda dos aneis curativos dos bispos enterrados no mosteiro con investigación histórica e suspense.

23:25 h

HISTORIAS DE AQUÍ: Os 9 aneis de Santo Estevo (2ª parte)

Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. O misterio de 'Os 9 aneis de Santo Estevo' no mosteiro de Ribas de Sil sae hoxe á luz, en 'Historias de aquí'. O documental da TVG, con partes de ficción, mestura a lenda dos aneis curativos dos bispos enterrados no mosteiro con investigación histórica e suspense.

00:00 h

SAÚL A VIAXE DAMASCO

Saulo de Tarso era un fariseo que perseguía con crueldade a quen cría en Xesús de Nazaret poucos anos despois da súa morte. Un día, cando ía de camiño a Damasco, tivo unha revelación do Mesías durante unha tormenta de area que o deixou cego. Cando un dos discípulos cristiáns lle devolveu a vista milagrosamente, quixo bautizarse e cambiar de fe.

00:40 h

A TRAVÉS DO ESPELLO

Un médico aparece asasinado. A principal sospeitosa é unha muller que foi vista abandonando o escenario do crime, pero cando a policía comeza a investigar fará un sorprendente descubrimento.

02:45 h

MALO SERÁ SKETCH

03:30 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. Risas a cachón nas probas desta semana de ‘O Novo Rei da Comedia’. Os concursantes contarán as súas historias máis divertidas en seccións como ‘Non me fagas rir’, e explorarán as súas posibilidades interpretativas en sketchs como ‘Imos ao miolo’ ou ‘Timpazumba’.

05:50 h

div-crtvg-top2

Publicidade