div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.04.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.04.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

11:00 h

ESTACHE BO!

“Arroz de peixe sapo con luriñas” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos dos mitos da alimentación no mundo deportivo.

11:00 h

ESTACHE BO!: Arroz de peixe sapo con luriñas

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.04.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

20:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 653

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:30 h

ADIANTO TELEXORNAL SERÁN: ADIANTO TELEXORNAL SERÁN 10.04.2025

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.04.2025

21:45 h

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, cunha proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. O humor do doutor Diego González Rivas, dos presentadores Juan Fuentes e Raquel Atanes e de Mondra, a proba hoxe no 'Land Rober Tunai Show'. Como cada xoves, os convidados pintarán a mona nos desafíos que o programa lles ten preparados.

23:50 h

SALVAXE

O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. Chega esta noite o momento máis agardado de ‘Salvaxe’: a gran final, en que se proclamará o campión e se entregará o premio de 25.000 euros.

01:40 h

COMETERON DOUS ERROS

Jed Cooper, un avogado metido a gandeiro, está a piques de morrer aforcado, acusado inxustamente de roubar varias cabezas de gando, pero sálvano no mesmo intre en que está a ser pendurado coa corda no pescozo. Non obstante, non estará disposto a perdoar a ningún dos nove homes que intentaron linchalo. Con esta intención acepta que o nomeen comisario federal.

03:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

03:30 h

ZIGZAG: Episodio 3177

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

03:55 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 10.04.2025

div-crtvg-top2

Publicidade