div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.04.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.04.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista a Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega.

10:45 h

ESTACHE BO!: Boliños de bacallau

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A prevención de accidentes con maquinaria no rural, a inxesta correcta de medicamentos e a poxa máis antiga de Galicia, hoxe en 'O Termómetro'.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.04.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:30 h

O TEMPO

15:40 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

20:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 650

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:30 h

ADIANTO TELEXORNAL SERÁN: ADIANTO TELEXORNAL SERÁN 07.04.2025

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.04.2025

21:45 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ recibe a Antón, de Cangas; Ignacio, de Marín; Álex, de Mazaricos; Estrella, de Vilagarcía de Arousa, e a nova incorporación, Ángel, de Salvaterra de Miño. O bote segue medrando e xa alcanzou os 20.200 €. Os cinco concursantes van intentar chegar ao 'minuto final' para poder levalo.

22:35 h

COS PÉS NA TERRA

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O 'Cos pés na terra' marcha de ruta cun guía de montaña e visita un restaurante que conta con horta propia. O programa ten tamén unha cita cun matrimonio que leva adiante unha explotación de 700 vacas.

23:45 h

PUNTO NEMO: Accidente cósmico

Serie. Narra a historia dunha expedición oceanográfica composta por científicos e membros da Armada Española que se dirixen ao Pacífico Sur para investigar e concienciar sobre os problemas da illa de plástico. Unha forte tormenta desvíaos ata unha illa misteriosa, onde deberán poñer a proba as súas habilidades para sobrevivir e fuxir deste lugar remoto coñecido como Punto Nemo, o punto máis afastado de calquera lugar habitado da Terra. En ‘Punto Nemo’ descobren esta noite unha base militar rusa abandonada e sinais dunha criatura descoñecida no océano.

00:35 h

OS ESTADOS UNIDOS CONTRA BILLIE HOLIDAY

A lendaria Billie Holiday, unha das mellores intérpretes de jazz de todos os tempos, pasou a maior parte da súa carreira sendo adorada polos seus fans arredor do mundo. Todo mentres o Departamento Federal de Narcóticos de Estados Unidos fixouna como obxectivo mediante unha operación encuberta liderada polo axente federal Jimmy Fletcher, con quen Billie tivera un romance tumultuoso.

02:35 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:05 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

03:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 07.04.2025

div-crtvg-top2

Publicidade