div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: 'Wok' de verduras con garavanzos e tofu con salsa agridoce

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

07:25 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1962

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 580

A delegación de familia da diocese de Lugo organizou un acto na rúa coa finalidade de rezar xuntos pola familia e a vida. Aproveitamos esta ocasión para falar das actividades desta delegación e do que significa, para matrimonios e mozos, a familia.

10:00 h

SANTA MISA ESPECIAIS: Desde a igrexa de San Marcos de Corcubión

10:45 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 06.04.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:15 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1184

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:45 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural 'Zigzag' conversa hoxe no estudio con Artur Trillo, director de ‘Un deus salvaxe’, novo espectáculo de Talía Teatro, e achégase ao último disco de Germán Díaz e Benxamín Otero, 'Outras trece cancións bonitas'.

12:15 h

ELAS: ELAS 11

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. O programa ‘Elas’ asistirá hoxe aos adestramentos do Club Waterpolo Pontevedra e coñecerá a proposta de ocio da asociación de mulleres rurais Amurusa.

12:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 648

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 06.04.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.04.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.04.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.04.2025

15:40 h

VERACRUZ

Dous mercenarios norteamericanos pasan a México e aceptan enrolarse no exército do emperador Maximiliano. Non obstante, a cobiza fará que cambien de opinión e de bando onde loitar.

17:10 h

MALO SERÁ SKETCH

17:35 h

UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: Bibei

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. Michael comeza o día cun refrescante baño nas augas do Bibei, na área recreativa do Caneiro. A continuación o guiri visita o santuario das Emidas, o val do Navea e a ponte romana do Bibei. E aínda ten tempo de gozar das saborosas propostas dunha adega e dunha peculiar granxa-escola e restaurante.

18:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 629

18:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 649

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Xiana, natural de Viveiro; Manuel, de Redondela, e Iago, de Carral, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.04.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:55 h

ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

21:55 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 06.04.2025

22:05 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. No 'Atrápame se podes, chanzo arriba', Paco Lodeiro pon en xogo 20.000 € para que loiten por eles Antón, de Cangas; Ignacio, de Marín; Álex, de Mazaricos; Javi, de Burela, e a nova incorporación, Estrella, de Vilagarcía de Arousa. Se o finalista erra algunha das cinco preguntas do 'Minuto final' leva o petisco valorado en 200 €.

22:55 h

OS GARDIÁNS DO MAR: Inspección a embarcacións pesqueiras

A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. Acompaña esta semana o servizo marítimo da Garda Civil na patrulleira Río Xallas, que realiza inspeccións a embarcacións pesqueiras. Durante a xornada, o equipo do programa presenciará rescates emocionantes e simulacros de contención de verteduras.

23:30 h

ALARMA 080: ALARMA 080 3

Os bombeiros de Boiro realizan unha práctica que simula unha situación real previa, onde calquera erro pode ser mortal. Ao mesmo tempo, en Ferrol, os membros da ONG Briegal preparan unha misión en Turquía e Libia para rescatar persoas desaparecidas en catástrofes naturais. Unha serie de incendios mobiliza tamén aos bombeiros de Ponteareas e Ferrol, destacando a importancia do tempo de resposta. Finalmente, en Ourense, os bombeiros de Pereiro de Aguiar levan a cabo un rescate mediante descenso por cordas. O episodio amosa a profesionalidade e resistencia dos bombeiros fronte a desafíos perigosos e imprevisibles Hoxe comprobará a profesionalidade e resistencia dos bombeiros de Boiro, Ferrol, Ponteareas e O Pereiro de Aguiar.

00:00 h

ALARMA 080: ALARMA 080 3

Programa inmersivo que se achega ao día a día dos bombeiros de Galicia, mostrando a súa valentía e a dedicación na loita contra incendios e emerxencias. Hoxe comprobará a profesionalidade e resistencia dos bombeiros de Boiro, Ferrol, Ponteareas e O Pereiro de Aguiar.

00:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 649

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

02:05 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.04.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:55 h

LUAR: LUAR 1434

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ recibe esta semana as xemelgas Twin Melody, todo un fenómeno nas redes sociais, o cantante e guitarrista Roi Méndez e o artista Zeus Montiel. Ademais, o espazo da TVG, que celebrará unha nova ‘repesca’ en ‘Recantos’, ofrecerá as actuacións da orquestra Magos; da Rondalla Santa Eulalia e das Pandeireteiras Trébede.

05:55 h

ELAS: ELAS 11

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. O programa ‘Elas’ asistirá hoxe aos adestramentos do Club Waterpolo Pontevedra e coñecerá a proposta de ocio da asociación de mulleres rurais Amurusa.

06:25 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1184

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.04.2025

div-crtvg-top2

Publicidade