div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: Ñoquis caseiros con pesto de pistachos

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

07:25 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 05.04.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1141

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

10:45 h

LABRANZA: LABRANZA 1729

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

11:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 647

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

12:30 h

MEDALLAS PARLAMENTO DE GALICIA: MEDALLAS PARLAMENTO DE GALICIA 2025

A TVG transmite hoxe a entrega das Medallas do Parlamento de Galicia, que este ano distinguen o labor da Real Academia Galega de Belas Artes, de Afundación e do catedrático Ramón Villares. O acto será presentado pola televisiva Rocío Delgado e contará cos comentarios de Xesús Fontenla para os espectadores da canle pública galega.

13:35 h

NO FOCO: NO FOCO 05.04.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 05.04.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.04.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.04.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.04.2025

15:40 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. Na estrea de ‘O Novo Rei da Comedia’, que contará con moitas sorpresas, os espectadores coñecerán os dez aspirantes a conseguir o título.

18:15 h

MALO SERÁ!: A Coruña

Presentado por Lucía Regueiro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas.

18:20 h

MALO SERÁ SKETCH

18:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 628

18:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 648

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Estevo, natural da Coruña, Patri, de Cangas, e Xiana, de Viveiro, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis. Estevo, natural da Coruña; Patri, de Cangas; e Xiana, de Viveiro, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 05.04.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:55 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 05.04.2025

22:05 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 164

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Un total de 19.600 € de bote agardan a ser reclamados no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Antón, de Cangas; Ignacio, de Marín; Xabi, de Poio; Álex, de Mazaricos, e a nova incorporación, Manu, de Ferrol, son os escollidos neste novo programa para loitar polo gran premio ou, de non conseguilo, polo petisco de 200 €.

22:45 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 165

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes, chanzo arriba' pon en xogo 19.800 € para o concursante que chegue ao máis alto dos chanzos e xogue o 'Minuto final'. Antón, de Cangas; Ignacio, de Marín; Xabi, de Poio; Álex, de Mazaricos, e a nova incorporación, Javi, de Burela, van loitar pola permanencia no concurso e tamén polo gran premio.

23:30 h

TRIÁNGULOS MÁXICOS: TRIÁNGULOS MÁXICOS 12

Competición entre tríos de cantantes profesionais e amateurs, presentado por Trisha Fernández. O obxectivo final do concurso é conseguir a gravación dun disco e gañar 6.000 €, que serán doados a unha ONG. O xurado está composto pola gaiteira Susana Seivane, o cantante Xisco Feijóo e o actor Will Shephard. A última e emocionante semifinal de 'Triángulos máxicos', hoxe na Televisión de Galicia. Para escoller o segundo trío que disputará a gran final, o xurado contará como convidada coa actriz e directora Mariana Carballal.

01:00 h

A DAMA DE AZUL

Unha tarde, Pierre, un crítico musical, ve nunha tenda unha misteriosa e elegante moza vestida completamente de azul, que lle chama poderosamente a atención. Desde entón, non pode deixar de pensar nela e empeza a buscala por todo París. Aurélie, a muller coa que mantén unha relación, primeiro enfádase, pero despois acepta a situación e axúdao coa secreta esperanza de que acabe por se cansar e esqueza esa extravagancia.

02:30 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. Na estrea de ‘O Novo Rei da Comedia’, que contará con moitas sorpresas, os espectadores coñecerán os dez aspirantes a conseguir o título.

04:25 h

MALO SERÁ!: A Coruña

Presentado por Lucía Regueiro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas.

04:55 h

MALO SERÁ SKETCH

05:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1729

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

05:50 h

div-crtvg-top2

Publicidade