TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 03.04.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 03.04.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Ñoquis caseiros con pesto de pistachos
Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe dos pistachos e as súas propiedades.
ESTACHE BO!
“Ñoquis caseiros con pesto de pistachos” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos dos pistachos e as súas propiedades.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 03.04.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 03.04.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 646
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ADIANTO TELEXORNAL SERÁN: ADIANTO TELEXORNAL SERÁN 03.04.2025
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 03.04.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 03.04.2025
LAND ROBER TUNAI SHOW
Programa presentado por Roberto Vilar, cunha proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. O expresidente do Deportivo Augusto César Lendoiro e o cantante Enrique Ramil pintarán hoxe a mona no 'Land Rober Tunai Show'. Na ficción, os espectadores descubrirán como nos afecta o cambio de hora.
SALVAXE
Os sete concursantes que quedan vanse enfrontar ás probas máis importantes que tiveron nesta aventura. Os gañadores van poder estar no programa final de 'Salvaxe' e así aspirar a levar os 25.000 euros do premio. A forza mental, a física e, sobre todo, as estratexias van ser determinantes para conseguir realizar esas probas con éxito.
SALVAXE
O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. Os concursantes enfróntanse esta semana ás probas máis importantes que tiveron ata o momento, as que poderían certificar o seu pase á gran final.
ENFRONTADOS
Cinco anos despois de rematar a Guerra Civil Norteamericana, o coronel confederado Morsman Carver contrata a varios homes para que lle axuden a capturar nas Montañas Rocosas a Gideon, un home do que xurou vingarse.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.