div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.04.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.04.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.

10:40 h

O AGRO: O AGRO 02.04.2025

10:45 h

ESTACHE BO!: Fideuá de verduras con queixo San Simón

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

10:55 h

ESTACHE BO!

“Fideuá de verduras con queixo de San Simón” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos do glute.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.04.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:35 h

O TEMPO

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

20:30 h

ADIANTO TELEXORNAL SERÁN: ADIANTO TELEXORNAL SERÁN 02.04.2025

20:35 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 645

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.04.2025

21:45 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 163

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ o bote segue a medrar e chega aos 19.400 €. Antón, de Cangas; Ignacio, de Marín; Xabi, de Poio; Ana, de Moaña, e a nova incorporación, Álex, de Mazaricos, van intentar xogar o 'Minuto final'. Se o finalista do programa acerta as cinco preguntas da última proba, leva o gran premio. Se erra algunha, gaña o petisco de 200 €.

22:25 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus. Almudena, peixeira en Betanzos, intercambia o seu traballo habitual polo mundo das abellas e do mel no programa ‘Nin oficio nin beneficio’. Hoxe terá que adaptarse a tarefas como esmelgar unha colmea, alimentar as abellas ou quitar o mel, descubrindo o doce labor da apicultura e os retos que supón.

23:30 h

AMOR Á SICILIANA

Ambientado na época da chegada dos estadounidenses a Sicilia durante la Segunda Guerra Mundial, o filme relata que Arturo, un siciliano emigrado aos Estados Unidos, terá que alistarse no exército estadounidense para poder casar coa súa amada Flora, pero ao chegar a Sicilia vai descubrir a dura realidade dun país no que a mafia tira proveito da situación para rexurdir e chegar ao poder da man dos aliados. Arturo perde todas as súas esperanzas de casar con Fora cando o pai da moza a promete cun xefe da mafia neoiorquina. Para crearse unha nova vida, Arturo decide marchar a América. En 1943, durante a II Guerra Mundial, alístase no exército aliado e regresa a Sicilia para loitar contra o fascismo. O mozo soldado ve nesta loita unha oportunidade para chegar ata o pai de Flora e conseguir o seu amor.

23:50 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Programa que desafía profesionais a cambiar o seu posto de traballo. Porase a proba a súa capacidade de adaptación en sectores completamente opostos aos seus. A continuación, ‘Nin oficio nin beneficio’ proporalle a Celia, unha froiteira de Cangas do Morrazo con medo ás alturas, enfrontarse ao seu maior reto no programa. Hoxe, terá que superar a súa vertixe para realizar as tarefas propias da xardinería.

01:10 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

01:40 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

02:05 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

02:10 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 645

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 02.04.2025

div-crtvg-top2

Publicidade