TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 31.03.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 31.03.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Juan Morandeira, director creativo de Los Aires.
ESTACHE BO!: Garavanzos con costela
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. En ‘O termómetro' aprenderase hoxe a facer correctamente a declaración da renda, solucións contra o insomnio, e a causa da suba do prezo dos ovos, entre outros temas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 31.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 31.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 643
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
A XORNADA EN XOGO: Previa R.C. Celta-U. D. As Palmas
En directo.
FÚTBOL LIGA EA SPORTS: R.C. Celta-U. D. As Palmas
En directo.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 31.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
PUNTO NEMO: A chegada
Serie. Narra a historia dunha expedición oceanográfica composta por científicos e membros da Armada Española que se dirixen ao Pacífico Sur para investigar e concienciar sobre os problemas da illa de plástico. Unha forte tormenta desvíaos ata unha illa misteriosa, onde deberán poñer a proba as súas habilidades para sobrevivir e fuxir deste lugar remoto coñecido como Punto Nemo, o punto máis afastado de calquera lugar habitado da Terra. No primeiro capítulo, a bióloga mariña Nazareth Vivas e a tripulación do buque Pentokontors descobren un sinal misterioso no océano. Mentres investigan, son atacados por piratas en busca dunha esmeralda lendaria. Entre traizóns, segredos agochados e un pasado que regresa, a supervivencia convértese na súa única misión.
ACÓ, ALÓ E ACOLÁ: Medio ambiente
O programa visita a vila de Corme para falar de medio ambiente. Coñecemos de primeira man as opinións dun grupo de veciños do concello. A convidada experta é Rosa Rodríguez, redeira e presidenta da asociación Illa da Estrela. O espazo visita hoxe Corme para falar de coidado do medio natural, reciclaxe e economía circular
OS HOMES LIBRES DE JONES
Narra a historia real de Newton Knight, un granxeiro do sur, durante a Guerra de Secesión americana (1861-1865). Farto de defender os intereses dos grandes propietarios, decidiu desertar, aliouse con outros pequenos granxeiros e, coa axuda dos escravos locais, liderou un levantamento cuxo resultado foi a transformación do Condado de Jones, en Mississippi, nun Estado Libre. O seu matrimonio con Rachel, unha antiga escrava e a creación dunha comunidade interracial converteron a Newton Knight nunha figura tan popular como controvertida.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.