div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

NO FOCO: NO FOCO 29.03.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

07:20 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1961

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 579

A delegación de Pastoral Vocacional da diocese de Tui-Vigo organiza a Xornada Vocacional para mozos. Esta xornada é un espazo de escoita e acompañamento no que a xente nova pode entrar nunha dinámica de discernimento que lles axude a responder os grandes interrogantes da vida, en especial os relacionados coa vocación.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 422

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 30.03.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1183

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Xosé Díaz Arias de Castro, fillo de Isaac Díaz Pardo, visita o programa ‘Zigzag’ para falar do Día das Artes dedicado ao seu pai.

12:00 h

ELAS: ELAS 10

En Mos descubrimos a proposta do grupo “Malvela”, formado por 9 cantareiras con idades comprendidas entre os 65 e os 91 anos. En Pontevedra visitamos “Salmoira”, unha empresa de nova creación impulsada polas ideas de 4 mulleres emprendedoras. 'Elas' descobre esta semana a proposta do grupo Malvela e as ideas das catro emprendedoras que puxeron en marcha a startup Salmoira.

12:35 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 641

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 30.03.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.03.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.03.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.03.2025

15:35 h

OS SETE MAGNÍFICOS

Dous labregos mexicanos contratan un pistoleiro para loitar contra unha banda de foraxidos comandada por Calvera. O pistoleiro recrutará seis mercenarios máis para que o axuden nesta arriscada misión.

15:35 h

UNHA QUEDADA COS SETE MAGNÍFICOS

17:40 h

OS GARDIÁNS DO MAR: Loita contra o furtivismo

A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. Este primeiro programa mergúllase no día a día de Kike, un veterano gardacostas, e do seu equipo. Xuntos, coordinarán un operativo para capturar furtivos e inspeccionar as bateas da ría de Arousa. A serie tamén mostrará o labor dos axentes de Aduanas e da Garda Civil, que patrullan as augas galegas para frear delitos e garantir a legalidade.

18:45 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 627

18:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 642

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Manuel, natural de Ortigueira, e Estevo e Alejo, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.03.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.03.2025

22:05 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 161

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Paco Lodeiro pon en xogo 19.000 € no cotizado bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Antón, de Cangas; Senén, de Vigo; Jandro, de Ribadumia; Xabi, de Poio, e a nova incorporación, Ignacio, de Marín, son os cinco que compiten polo gran premio ou, no caso de non acertar todas as preguntas do 'minuto final', polo petisco de 200 €.

22:55 h

OS GARDIÁNS DO MAR: Vida no buque Sar Gavia

A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. ‘Os gardiáns do mar' amosa nesta emisión o día a día da tripulación do Sar Gavia de Salvamento Marítimo.

23:45 h

ALARMA 080: ALARMA 080 2

Programa inmersivo que se achega ao día a día dos bombeiros de Galicia, mostrando a súa valentía e a dedicación na loita contra incendios e emerxencias. 'Alarma 080' acompaña os bombeiros de Mos, Ferrol e Padrón, tanto en tarefas de adestramento como en situacións de emerxencia.

00:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 642

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

01:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.03.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:45 h

A CORAL: Posta de largo

Comedia protagonizada por Carlos Blanco e ambientada nunha pequena aldea a onde chega un prestixioso director musical para encargarse do coro da localidade. Entre desafíos musicais, esta nova ficción da TVG ofrece unha mirada divertida e entrañable sobre a capacidade de adaptación, a amizade e as segundas oportunidades. No último capítulo da serie 'A Coral', os seus membros están convidados a actuar no ‘Luar’. Todo está preparado para o gran día, pero por culpa duns ou doutros a partida vaise atrasando.

03:00 h

LUAR: LUAR 1433

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ arrinca con 'A Coral' e recibe a visita de Azúcar Moreno e A Roda. O programa da TVG comeza coa actuación dos protagonistas de ‘A Coral’ e contará tamén coa música da Charleston Big Band e Carameleiras do Tremuzo, entre outros.

06:25 h

ELAS: ELAS 10

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. 'Elas' descobre esta semana a proposta do grupo Malvela e as ideas das catro emprendedoras que puxeron en marcha a startup Salmoira.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 30.03.2025

div-crtvg-top2

Publicidade