TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.03.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.03.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Jorge Mira, catedrático da área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da USC.
ESTACHE BO!: Raviolis de cabaciña recheos de pescada
Amais de elaborar esta receita, o chef Iván Mariñas ofrece novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará das diferenzas entre a 'autoregulación alimentaria' dos nenos e dos adultos.
ESTACHE BO!
“Raviolis de cabaciña recheos de pescada” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos das diferenzas entre a “autoregulación alimentaria” dos nenos e dos adultos.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 640
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.03.2025
A CORAL: A CORAL 8
Comedia protagonizada por Carlos Blanco e ambientada nunha pequena aldea a onde chega un prestixioso director musical para encargarse do coro da localidade. Entre desafíos musicais, esta nova ficción da TVG ofrece unha mirada divertida e entrañable sobre a capacidade de adaptación, a amizade e as segundas oportunidades.
A CORAL: Posta de largo
Todo está preparado para o gran día. Silvia non chega, botaríase atrás? Pero non é o único problema; por culpa duns ou doutros a partida vaise atrasando. No plató do Luar, durante os ensaios, informan a Gayoso de que a coral aínda non chegou. Non importa, se non chegan para os ensaios, van en directo. No último capítulo da serie 'A Coral', os seus membros están convidados a actuar no ‘Luar’. Todo está preparado para o gran día, pero por culpa duns ou doutros a partida vaise atrasando.
LUAR: LUAR 1433
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ arrinca con 'A Coral' e recibe a visita de Azúcar Moreno e A Roda. O programa da TVG comeza coa actuación dos protagonistas de ‘A Coral’ e contará tamén coa música da Charleston Big Band e Carameleiras do Tremuzo, entre outros.
A XUSTICIEIRA
Sadie é unha muller que sufriu abusos sexuais. A raíz do seu trauma, apoiará outras vítimas que sufriron agresións e axudaráas no seu plan de vinganza para poder escapar dos seus agresores.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' achégase hoxe aos novos traballos discográficos do grupo Los Eternos e dos músicos Germán Díaz e Benxamín Otero.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.